GALICIA
A Xunta amplía ata os 12 meses as axudas para favorecer a conciliación dos autónomos
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar esta liña de apoio, enmarcada na Estratexia Autónomo 2020, para a que se abre o prazo de solicitude
A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a axuda específica dirixida a autónomos para financiar durante 12 meses a contratación dun desempregado ou do traballador que se atope cubrindo a baixa por maternidade ou paternidade.
O Goberno galego con esta iniciativa amplía en 52 semanas a bonificación de 16 semanas do Estado, o que permitirá aos pais e nais autónomos manter durante un total de 68 semanas este apoio.
Destina 600.000 euros para financiar a contratación dun desempregado ou do traballador que se atope cubrindo a baixa por maternidade ou paternidade
Apoiaranse as contratacións que, cumprindo cos requisitos esixidos, se realicen entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019 para un mínimo de 6 meses. Para ter dereito á axuda, previamente a persoa traballadora autónoma debe ter estado de baixa por maternidade ou paternidade e no prazo dos quince días naturais seguintes ao da finalización da baixa por maternidade ou paternidade ter realizado un contrato de calquera modalidade.
O prazo de solicitude desta actuación, que a Xunta puxo en marcha en Galicia de xeito pioneiro hai dous anos, estará aberto ata o 30 de setembro. O Goberno galego, a través da Estratexia Autónomo 2020, investirá este ano 600.000 euros nesta actuación que naceu con carácter permanente, é dicir, que está previsto que se siga prorrogando nos vindeiros anos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151