MOS
Nidia Arévalo logra a súa terceira maioría absoluta cunha marxe de 12 puntos
A candidatura de Arévalo conseguiu 4.262 votos, o que supón un incremento de 515 con respecto ás municipais de 2015
A recén elixida alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, conseguiu o pasado domingo a terceira maioría absoluta consecutiva acadando o noveno concelleiro cunha marxe de 12 puntos, o que representa 108 votos. A rexidora agradece aos seus veciños a confianza depositada nela e no seu equipo nas pasadas elecións e destaca tamén a alta participación dos mosenses nos comicios municipais, que alcanzou o 74,83%. O Partido Popular de Nidia Arévalo foi a opción votada por 4.262 mosenses, o que supón 515 votos máis que nas anteriores municipais.
Dos resultados obtidos, destaca tamén que a candidatura popular acadou a maioría absoluta en todas as mesas electorais do municipio de Mos excepto en tres e que en todas as mesas o Partido Popular foi a lista máis votada. Tamén cabe sinalar que en dous parroquias obtivo o que se vén a chamar super maioría, que supón doblar en votos ao seguinte partido político. “O resultado destas eleccións representa o triunfo da cercanía e do coñecemento da xente, dos meus veciños”, aclara Arévalo.
Nidia Arévalo sinala que esta maioría absoluta supón refrendar tanto o seu modelo de Concello como ao seu programa de goberno e agradece especialmente que os mosenses valoren o traballo feito nestes anos de goberno. “Este é o resultado do modelo de Concello e de xestión que levei a cabo estes anos e un respaldo a os proxectos de futuro que presentei ao longo da campaña”, engade a rexidora.
Nos vindeiros catro anos, a actual alcaldesa de Mos asegura que “continuará na liña de traballo desenvolta ata o momento e seguirá a situar Mos na máquina do tren da área metropolitana”. Do seu programa para esta lexislatura destacan importantes humanizacións previstas, a continuación do Paseo do Louro ata Porriño, rematar o saneamento e, en materia social, converter o Rebullón nunha residencia e centro de día para atención aos maiores. “Ábrese agora unha nova etapa de ilusión para pór en marcha proxectos que revertirán seguro no beneficio de todos os meus veciños”, afirma Nidia Arévalo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108