Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Miércoles, 05 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Alfombristas mexicanos deixarán a súa pegada ni vindeiro CORPUS de Ponteareas

Unha delegación de “La Octava Noche” de Uriangato ofrecerá unha mostra da súa arte efémera na Praza Maior

A arte efémera confraternizará co outro lado do Atlántico e acollerá á delegación de alfombristas “La octava noche” de Uriangato Guanajuato, México, que deixará a súa pegada no CORPUS 2019.


O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou  a visita desta delegación que leva máis de 53 anos adicándose a prolongar unha arte popular e colectiva, ao igual que o fan os e as alfombristas de Ponteareas, conseguindo transmitir a millóns de persoas esta parte da cultura e historia de México.


A delegación de Uriangato, ao igual que os e as nosas alfombristas, leva no sangue o amor pola conservación da confección das alfombras florais e contribúen na preservación da cultura expresada mediante arte efémera, formando parte da Comisión Internacional de Entidades Alfombristas.


“La Octava Noche” alfombrará un tramo da Praza Maior tralo seu paso pola Flower Carpet de Bruselas, Bélxica, amosando a fermosura das súas creacións que xa teñen viaxado por California (EEUU) ou por Xapón.


As begonias, dalias e as cortezas de árbores, entre outros ingredientes natuais, forman parte esencial dos seus deseños.


Responsables da coordinación de tres encontros internacionais de alfombristas con sede na súa cidade, “La Octava Noche” ten estreitado lazos con países como Brasil, Italia, Malta ou India donde promove e prolonga esta tradición e sabedoría popular.


Unha comisión de Uriangato visitará Ponteareas para coñecer aos e ás nosas alfombristas que neses días traballarán incansables nos seus portais e ademais agasallar a todos os visitantes un anaquiño da súa arte efémera pasando a formar parte da historia do CORPUS de Ponteareas.


Ponteareas da un paso máis na internacionalización da nosa arte efémera ampliando horizontes e estreitando lazos coas delegacións máis representativas a nivel mundial.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.