GALICIA
As normas técnicas unificarán os criterios de elaboración de documentos de planeamento e a cartografía
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda somete a información pública as Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia, que recolle a Lei do solo
O Diario Oficial de Galicia publica o anuncio polo que se someten a información pública as Normas Técnicas de Planeamento Urbanístico de Galicia, un documento que unificará os criterios técnicos para a elaboración dos documentos de planeamento urbanístico, así como calquera outra cuestión que precise aclaración ou orientación técnica nesta materia.
Dende a Consellería de Medio Ambiente sinalan que esta ferramenta -que recolle a Lei do solo- tamén facilitará a integración da información do planeamento nas infraestruturas dixitais de datos espaciais e, posibilitará un acceso sinxelo aos documentos de planeamento a todos os actores que participan na planificación do territorio e ao público en xeral.
Neste documento tamén se establecerán os requisitos técnicos para a elaboración da cartografía temática urbanística en soporte SIX e para o seu tratamento informático, así como os criterios, formatos e contidos para a elaboración dos diferentes documentos que compoñen os instrumentos de planeamento.
Trátase dun documento no que se igualarán os requisitos técnicos para a elaboración da cartografía temática urbanística en soporte SIX e para o seu tratamento informático
Este documento responde á necesidade de facilitar a simplificación e normalización técnica dos instrumentos de planeamento, co obxectivo de facilitar e axilizar a súa elaboración, tramitación e coñecemento. É, polo tanto, unha oportunidade de mellora no proceso de formulación e aprobación dos documentos, sempre na procura dunha maior transparencia e lexibilidade.
Cómpre lembrar que a Lei do solo foi aprobada no ano 2016 e un ano despois se aprobou o Regulamento que a desenvolve, un documento que se elaborou pensando, por primeira vez, nos profesionais que o teñen que aplicar.
Tanto co Regulamento, como coas futuras Normas Técnicas, búscase habilitar ferramentas urbanísticas comprensibles e clarificadoras da Lei, para todos os concellos e incorpóranse fichas técnicas que facilitan a aplicación da lei.
Así, durante este período os interesados poderán achegar as súas consideración e alegacións ao documento, que estará exposta no páxina web da Consellería.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151