Lunes, 23 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 08:26:37 horas

Xornal21.es
Jueves, 30 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Oitenta e seis persoas apúntanse ao novo curso de caixeira/o-repoñedora/or

Os criterios de selección prioritarios dos 20 aspirantes que comezaron o curso onte, foron estar desempregado e ser de Tomiño

Oitenta e seis persoas responderon á convocatoria do Concello de Tomiño para a realización dun novo curso de "Caixeira/o - Repoñedora/or" de 40 horas de duración, 30 delas prácticas e non remuneradas.


A acción formativa, sen custe para os participantes e con 20 prazas, comezou onte. A parte teórica desenvolverase os días 27 e 28 de maio, de 16.30 a 21.30 horas. As prácticas (non remuneradas) serán a partir do 28 de maio en supermercados do Baixo Miño e, posiblemente, algún de Vigo.


O Centro de Formación O Regatiño, de Goián, é a sede deste novo curso, impartido por Academia Elisa. Na selección dos 20 aspirantes que comezaron a actividade onte, tívose en conta ás persoas que estaban na lista de agarda do primeiro curso organizado hai uns meses, ser de Tomiño, ter a ESO e estar desempregado.


Das 86 persoas inscritas, 79 son mulleres e 7 homes; de Tomiño 67 e doutras localidades 19, chegando fora de prazo 3.

 

“Decidiuse realizar o curso antes do período estival para abrir a posibilidade de contratacións das persoas seleccionadas nos lugares de prácticas, como xa ocorrera con 4 do curso anterior”, explica o concelleiro de Promoción Económica en funcións, Antonio Tartaglione.


Visto o grande número de persoas interesadas no curso, e co fin de facer unha selección o máis xusta e menos excluínte posible, alén dos criterios establecidos inicialmente, considerouse a opción de deixar unha porcentaxe de prazas para persoas que non os cumpriran (con discapacidade, maiores de 45 ou sen formación académica).


“Queda novamente confirmado o enorme interese espertado por este tipo de formación e a necesidade de realizar nun breve período de tempo, unha nova convocatoria”, apunta o edil.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.