PONTEAREAS
Máis de douscentos nadadores/as competirán esta fin de semana no XX trofeo Amizade en Ponteareas
O XX trofeo Amizade de natación congregará a 276 nadadores e nadadoras de 13 clubes de toda Galicia, así o adiantou hoxe o Club Natación Ponteareas no decorrer da presentación á que asistiron o alcalde en funcións, Xosé Represas, e o concelleiro en funcións de Deportes, Benito Márquez. Este mesmo sábado tamén se desputará o XI Trofeo concello de Ponteareas que premiará aos mellores nadadores por puntos segundo os criterios da Federación Internacional de Natación (FINA).
Na piscina municipal competirán, entre outras figuras da natación, a nadadora do C.N Galaico, Beatríz Gómez, olímpica en Londres no ano 2012 ou os campións estatais de augas abertas Pablo Cabana e Andrea Domínguez, ámbolos dous da categoría infantil do C.N Ponteareas.
A organización, coa que colabora a concellería de Deportes do concello de Ponteareas, salienta que haberá tres trofeos tanto na categoría masculina como feminina aos/ás tres mellores nadadores/as.
O XX trofeo Amizade e o XI trofeo concello de Ponteareas celebrarase en doble sesión, de mañá e tarde, a partir das 10:30 e a partir das 17:30 na piscina do complexo deportivo Álvaro Pino.
A entrada será gratuíta ata completar aforo. Este sábado espectáculo deportivo na piscina municipa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163