PROVINCIA
UGT afianza posicións na Deputación de Pontevedra
Ás catro persoas electas onte nas eleccións sindicais para representar ao persoal funcionario súmanse as catro tamén electas en novembro para o persoal laboral
UGT continúa afianzando posicións na Deputación de Pontevedra e convértese no único sindicato que, con oito representantes en total, gaña delegadas e delegados sindicais. Deste xeito, nas eleccións celebradas onte para elixir ás persoas representantes das funcionarias e dos funcionarios, UGT acadou o voto favorable de 121 persoas que se traduce en catro novos representantes sindicais: María González García, Leticia Carbajal Castiñeira, Antonio Abel Seoane Estévez e Manuel Enrique Pintos González. A estas catro persoas representantes do persoal funcionario súmanse as catro electas en novembro para representar ao persoal laboral: Luis Ignacio García Seco, Patricia García Martínez, José Enrique Pedrosa López e Luis Lago Serafín.
En total, entre as eleccións de persoal funcionario e laboral, UGT acadou 227 votos favorables converténdose no único sindicato que suma apoios e gaña delegadas e delegados sindicais. Neste eido fronte aos resultados positivos de UGT, CCOO, con ata seis delegadas e delegados menos, continúa perdendo representación na Deputación de Pontevedra.
Fronte aos resultados positivos de UGT, CCOO con seis delegadas e delegados menos continúa perdendo representación na Deputación de Pontevedra
Para UGT o resultado acadado manifesta que unha ampla maioría do persoal funcionario e laboral da Deputación quería un cambio e un novo xeito de facer sindicalismo centrado en escoitar ás persoas, en dialogar e atender ás demandas e necesidades das traballadoras e dos traballadores. Amais, a pretensión do sindicato é rachar coa crispación, co secretismo, e impulsar un novo modo de traballar, con novas ideas e poñendo en valor unha xestión sindical comprometida, con propostas elaboradas con criterio que fomenten a transparencia e a equidade entre o persoal.
As persoas electas amosaron a súa gratitude ante o apoio das funcionarias e funcionarios. Amais, todas e todos eles manifestaron a vontade de comezar xa a traballar para mellorar as condicións laborais das e dos traballadores da Deputación. Neste eido, e tal e como figuraba no programa da UGT para as eleccións sindicais do persoal funcionario, as catro persoas representantes sindicais están xa a traballar, entre outras cuestións, para negociar unha RPT que permita minorar as diferenzas existentes entre o persoal da Deputación; consolidar e rematar o proceso de estabilización; iniciar a carreira profesional e impulsar a promoción profesional; dotar de maior transparencia aos procesos selectivos; equiparar salarios e conceptos retributivos; revisar as xornadas laborais; poñer en marcha concursos de traslados e programas formativos actuais; incrementar a partida orzamentaria destinada ás axudas sociais, sanitarias e educativas; impulsar a conciliación e o teletraballo; actualizar o acordo regulador e convenio colectivo e facilitar os procesos de xubilación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218