VIGO
A Xunta adxudica as obras da estación de autobuses intermodal de Vigo
Este contrato inclúe a nova estación de autobuses e a parte dos accesos e dos túneles que chegan ata a mesma, e contan cun prazo de execución total de 18 meses, desde o seu inicio
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudica as obras da nova estación de autobuses intermodal de Vigo, cun investimento de máis de 12,5 millóns de euros.
Este contrato, adxudicado á UTE Comsa, S.A.U.-Ogmios Proyecto S.L., inclúe a nova estación de autobuses e a parte dos accesos e dos túneles que chegan ata a mesma, e contan cun prazo de execución total de 18 meses, desde o seu inicio.
As actuacións enmárcanse no conxunto intermodal planificado en Urzáiz, composto pola estación de ferrocarril, o centro comercial, a nova terminal de autobuses e os accesos ao complexo.
A tramitación do proxecto fíxose ao abeiro da Lei 3/2016 para proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese e é o que permite licitar as obras da nova estación de autobuses e os accesos, así como o recente inicio da execución do Centro Vialia.
O conxunto intermodal planificado en Urzáiz está composto pola estación de ferrocarril, o centro comercial, a nova terminal de autobuses e os accesos
A Xunta, o Concello de Vigo e o Adif traballan coordinadamente no desenvolvemento da estación intermodal, que debe sincronizar a execución da terminal de autobuses coa do Centro Vialia e dos accesos, que financian conxuntamente as tres administracións.
A nova estación de autobuses intermodal conta ademais co co financiamento dos Fondos FEDER Galicia 2014-2020.
A execución da estación de autobuses ao carón do centro Vialia e da estación de ferrocarril permitiralles aos usuarios o cambio de transporte dun xeito máis rápido e cómodo, a través dunha zona habilitada especialmente, adaptada para as persoas con mobilidade reducida.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58