GALICIA
Conde destaca as boas relacións de Galicia coa República Popular da China e agarda abrir novas vías de negocio
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo nun xantar-coloquio do tecido empresarial co embaixador de China en España, Lyu Fan
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Vigo, durante un xantar-coloquio do tecido empresarial co embaixador da República Popular da China en España, Lyu Fan, as boas relacións entre ambos os dous territorios. Neste sentido, explicou que a Xunta de Galicia agarda seguir colaborando co país asiático para abrir novas vías de negocio.
Conde agradeceu ao embaixador de China a confianza depositada en Galicia, tal e como amosan os investimentos que se están a realizar (preto de 120 millóns de euros na última década), ou feitos como a participación da industria agroalimentaria galega na Feira de Importación de China o pasado mes de novembro, un evento ao que acudiron na súa primeira edición 14 empresas e ao que Galicia xa mostrou o seu interese de participar de novo, xa que supón unha gran oportunidade para consolidar a entrada de produtos galegos no país asiático.
Subliña o investimento na Comunidade galega de preto de 120M€ na última década por parte de China e o aumento das exportacións ao país asiático, que se incrementaron un 30% no que vai de ano
Tal e como asegurou o conselleiro, China é un socio estratéxico para consolidar o crecemento económico de Galicia e lembrou que, grazas ao tecido empresarial galego, as exportacións medraron un 30% a este país -que é a 2º economía mundial e o 2º importador e consumidor do mundo- no primeiro trimestre deste ano con respecto ao mesmo período de 2018.
O conselleiro incidiu no esforzo que a Comunidade está realizando no eido da internacionalización, tanto para abrir novos mercados para as empresas galegas, como para a captación de novos investimentos. Nesta liña, lembrou as iniciativas incluídas na Lei de implantación empresarial para facilitar tanto a tramitación administrativa como o acceso ao solo, como é o caso da figura dos Concellos Emprendedores ou das Iniciativas empresariais prioritarias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151