NIGRÁN
Nigrán inicia a instalación das primeiras marquesinas 100% accesibles
Inclúen asentos isquiáticos e bancos e se ubicarán en puntos demandados pola cidadanía onde non existía marquesina algunha. O Concello investíu 17.600 € en mercar as primeiras 6 unidades
O Concello de Nigrán iniciou a pasada semana a instalación das primeiras marquesinas de espera de transporte público 100 % accesibles e non discriminatorias, cumplindo así co seu proxecto global de 'Un Nigrán para todos'. Son por tanto conformes ao Real Decreto 1544 e Orden VIV/561/2010, destacando principalmente en que son as primeiras do Concello en contar con asentos isquiáticos, estes permiten o descanso nunha posición semisentada e axudan a recobrar a posición erguida fácilmente, sendo especialmente indicados para persoas maiores ou con algunha discapacidade física.
Así, o goberno local investiu 17.600 € en mercar as seis primeiras unidades e xa instalou unha en Patos (en Tomás Mirambell, á altura de Bouzavella) e ten previsto facelo próximamente en Manuel Lemos (á altura da Piscina mancomunada), Avda.Val Miñor (á altura de rúa Carballiños), e no cruce da Areíña (Parada). " A nosa intención é que a partir de agora as marquesinas que se repoñan e as novas que se creen sexan destas características porque forman parte dese 'Nigrán para todos' que temos sempre como obxectivo", explica o alcalde, Juan González.
As novas marquesinas son de 2,3 metros de alto e 3 metros de ancho, cunha profundidade de 1,5. A estrutura é totalmente de aceiro inoxidable brillo con tellado do mesmo material en chapa. Traseira e laterais son completamente pechados en policarbonato, un material antivandálico porque resisten mellor os impactos. Nos laterais pegouse un vinilo vermello co escudo do Concello para facelas máis visibles e accesibles. O banco co que conta ten repousabrazos e é tamén de aceiro inoxidable; o asento isquiático contínuo ao banco consiste nunha barra situada a 75 cm do chan.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217