Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Lunes, 03 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A CUT gaña as eleccións en Copo Ibérica

Hai catro anos entraban no comité de COPO IBÉRICA con catro delegadas dun total de nove, presentando lista tan só no colexio de Especialistas e non Cualicadas. Durante estes catro anos explican que "traballamos arreo para millorar as condicións das persoas traballadoras, e neste traballo topámonos coas trabas da empresa e coa imposición do rodillo da maioría sindical da CIG, cuestión que nos pareceu máis sorprendente, e que impedía constantemente que calquera iniciativa da CUT saíse adiante".

 

Dende a CUT sinalan que "en máis dunha ocasión tendemos pontes para facer un traballo conxunto e positivo para as persoas traballadoras, pero parecía ter máis importancia criticar á CUT que defender os intereses común"s.


Despois das eleccións sindicais o Comité quedaba constituído por 5 delegados da CUT e 4 da CIG.


"Agradecemos o apoio e recoñecemento das traballadoras e traballadores a nosa lista polo traballo feito. Dende hoxe retomamos o traballo, tendo por primeiro obxectivo sacar adiante o novo convenio. Durante estes catro anos imos tomar as decisións de importancia mediante a convocatoria da asamblea de traballadoras e traballadores. A nosa maioría non será para impor criterios, senón para sentir o respaldo da opinión, agardamos contar coa colaboración dos compañeiros e compañeiras da CIG para defender o interese do común" explican dende a delegación sindical da CUT.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.