Jueves, 05 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 04 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os socialistas de Salceda tentarán pactar con MS para gobernar

A Agrupación Socialista de Salceda ven de emitir un comunicado no que informa á veciñanza da súa decisión de intentar un acordo de goberno con Movemento Salceda liderado pola candidatura socialista encabezada por Verónica Tourón.

 

Despois de analizar os resultados electorais, os socialistas teñen claro que "a esquerda debe liderar Salceda xa que acadaron máis apoio que a dereita. Pero esa esquerda debe ser liderada cun proxecto en alza que crece en apoios como o do partido socialista" sinalan.

 

“Queremos estabilidade para Salceda, dándolle solución ós problemas que houbo nestes últimos catro anos, reflexados na perda de dous concelleiros por parte de Movemento Salceda. Esta perda, xunto coa subida do partido socialista e a renuncia de Marcos Besada fai que a candidata Verónica sexa a única lexítima para ocupar a alcaldía, sendo neste momento a única que encabezou unha lista de esquerdas con esta posibilidade”.

 

En declaracións de Verónica Tourón “son consciente da responsabilidade que asumimos con esta decisión da agrupación, pero cremos firmemente en que Salceda necesita un proxecto transparente e participativo, con ética e profesionalidade política. É a decisión máis coherente coa nosa traxectoria e cos nosos valores, poñendo sempre por diante o progreso e benestar de Salceda”. “As e os socialistas consideramos que en Salceda ten que rexer un proxecto que poña en marcha dunha vez por todas os servizos básicos que necesitamos, que aposte por un urbanismo sostible e participativo e que poña no centro das súas política a creación de emprego, cun proxecto innovador e de cambio que aproveite as potencialidades da nosa vila”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.