Jueves, 23 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 21:33:57 horas

Xornal21.es
Sábado, 08 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

XXX Festa do Monte de Atios

Como vén sendo tradicional, no segundo domingo do mes de xuño os comuneiros e veciños de Atios celebran unha xuntanza popular coa que queren festexar a riqueza do monte comunal. A área recreativa da Veiguiña é o escenario de diversos actos incluidos no programa desta romaría que nesta edición fai xa 30 anos. Haberá un posto de pulpeiro, inchable e xogos populares para os cativos, actuación do grupo folclórico dos Penediños de Atios e o tradicional petisco ofrecido pola xunta directiva de montes.

 

Todo estará amenizado pola charanga Imperiais. Ademais, organizan a terceira andaina pola ruta dos muíños de Atios, que ten o punto de orixe na igrexa parroquial e percorre o fermoso sendeiro ao pé da canle de auga dos muíños. Non faltará tampouco a mostra de traballos manuais, de pintura e redacción, realizados polos alumnos do CEIP de Atios, que curso tras curso participan no certame que dende hai moitos anos organiza a comunidade en colaboración co colexio.

 

É tradición tamén que a comisión encargada de organizar a Festa patronal de San Bieito, que este ano lle toca ao barrio de Alvarín, monte o seu posto no torreiro. Nesta ocasión preparan un rastrexo por diversas paraxes do monte que se inicia na tarde do sábado e rematará o domingo pola mañá na propia área recreativa. Un xeito divertido e integrado na natureza de desfrutar do monte. Estará permitida a acampada, en espazos acotados e con aforo limitado, previa reserva no teléfono 606 96 81 34. Se o tempo o permite podénse usar os asadeiros distribuídos pola área recreativa.

 

Coa festa, a comunidade de montes pon fin a un ano de traballo na defensa e coidado do monte comunal, fonte de riqueza económica, ecolóxica e social para toda parroquia de Atios. No ánimo da directiva está "seguir loitando, moitas veces contra inimigos inesperados como é o concello, para reclamar todo o patrimonio que consideramos veciñal, como por exemplo os terreos das canteiras. Agardamos que o novo goberno que se constitúa no Porriño sexa máis respetuoso coas lexítimas demandas dos comuneiros e veciños de Atios".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.