SALVATERRA DE MIÑO
A Xunta publica a transferencia ao Concello de Salvaterra de varios treitos de estradas autonómicas entre o centro urbano e Zacoteiras e na Avenida Rosalía de Castro
O cambio de titularidade enmárcase no convenio entre a Consellería de Infraestruturas e Concello para executar unha senda e mellorar o treito que cruza a vila ata a glorieta de Oleiros, cun investimento de máis de 680.000 euros
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica esta semana no Diario Oficial de Galicia a transferencia ao Concello de Salvaterra do Miño de varios treitos nas estradas PO-400 e PO-402 ao seu paso polo municipio, no tramo entre o centro urbano da vila e o núcleo de poboación das Zacoteiras e no treito da vía autonómica que coincide coa Avenida Rosalía de Castro.
Este cambio de titularidade enmárcase no convenio de colaboración asinado o pasado 17 de abril entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello Salvaterra de Miño, que cun investimento autonómico de máis de 680.000 euros permite a execución dunha senda peonil nas estradas PO-400 e PO-402, entre o casco urbano e Zacoteiras, e a rehabilitación do firme na PO-400, no treito da avenida Rosalía de Castro que cruza o centro da vila ata a glorieta do núcleo de Oleiros.
Segundo estable este acordo, o Concello de Salvaterra do Miño -a quen lle corresponde adxudicar, dirixir e executar estas actuacións- asume así con anterioridade á licitación das citadas obras a titularidade dos terreos de dominio público viario necesarios para materializar as actuacións comprometidas co departamento de Infraestruturas da Xunta.
No seguinte enlace ao DOG pódese consultar a información: http://xurl.es/vnn25
O Decreto publicado hoxe recolle o cambio de titularidade de todo o dominio público viario da estrada PO-400 (Salvaterra-Filgueira) no tramo comprendido entre o seu inicio e o punto quilométrico 2+320 (glorieta coa PO-402), permitindo así racionalizar a explotación da rede viaria.
O mesmo tamén recolle a aprobación da transferencia do dominio público viaria, salvo calzada e beiravía, na marxe dereita da PO-400 – na contorna da glorieta, entre os p.q. 2+320 e 2+380-, e na marxe esquerda, desde o p.q. 0 da PO-402 e 2+380. Finalmente tamén se transfire na marxe dereita da estrada PO-402, o dominio público viario na contorna da glorieta entre os p.q. 2+320 e 2+380, salvo calzada e beiravía.
A transferencia a prol do Concello de Salvaterra de Miño dos tramos destas estradas autonómicas tramítase de acordo co previsto na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, que debe ser aprobado por decreto da Xunta, por proposta da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade como competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións implicadas.
Co cambio de titularidade aprobado o pasado día 23 de maio polo Consello da Xunta, o concello pontevedrés terá a competencia para actuar nestas vías e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.
Con estas actuación o departamento de Infraestruturas da Xunta, en colaboración co Concello de Salvaterra do Miño, trata de fomentar aqueles investimentos que melloran as condicións de accesibilidade e mobilidade dos veciños e reforzan a seguridade viaria, coa finalidade dun desenvolvemento económico e social que aporte unha maior calidade de vida á cidadanía.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217