Lunes, 22 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 06 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
GALICIA

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza no rego Pinicho

Augas de Galicia leva a cabo estes traballos nos treitos interurbanos deste río, situado no núcleo das Telleiras

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no rego Pinicho, no núcleo das Telleiras, no Concello de Nigrán.

 

A intervención neste concello pontevedrés realízase nun tramo interurbano duns 130 metros deste rego, ao seu paso pola parroquia de Nigrán.

 

Estes traballos de mantemento lévanse a cabo nos treitos interurbanos destes ríos e centraranse no desbroce de maleza das marxes e que invade o leito, na retirada das árbores e pólas caídas e da madeira morta existente. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

 

 

 

 

As actuacións enmárcanse no mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial de Galicia Sur

 

 

 

 

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia- Costa, no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.

 

Mediante este tipo de traballos, a Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.