Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 07 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra apoia unha temporada máis ao Pontevedra C.F.

Carmela Silva entregou a Lupe Murillo, presidenta da entidade granate, a resolución da axuda para o equipo de fútbol como club de elite da provincia de Pontevedra

Onte xoves 6 de xuño a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, fixo entrega a Lupe Murillo, presidenta do Pontevedra C.F., da resolución da subvención que recibe a entidade granate como club deportivo de elite. Ao igual que a pasada temporada, a institución provincial achega ao Pontevedra C.F. a cantidade de 160.000 euros.


Durante o encontro, Carmela Silva felicitou ao Pontevedra C.F. pola boa temporada realizada tanto polo seu primeiro equipo, 6º no seu grupo na Segunda División ‘B’, como polo filial, que acadou o ascenso a Preferente e que, fai unha semana, gañou a Copa Deputación. Tamén resaltou a importancia de apoiar aos clubs de elite da provincia, xa que “entidades deportivas como o Pontevedra C.F. actúan de verdadeiros embaixadores da nosa provincia, que a través dos seus desprazamentos e das competicións nas que participan levan o nome de Pontevedra”.


Durante o mes de abril a Deputación de Pontevedra xa entregara as resolucións aos 15 clubs restantes que benefícianse destas axudas: Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Cangas, Club Ciclista Rías Baixas, Club Deportivo Supermercados Froiz, Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa, Agrupación Deportiva Vincios, Coruxo Club de Fútbol, Club Rápido de Bouzas, Club Poio Fútbol Sala, Club Amfiv, Socidade Deportiva Teucro, Sociedad Gimnástica, Atlético Guardés, Tenis de Mesa Monteporreiro e Club Cambados de Tenis de Mesa.


Este ano este programa de axudas da Deputación de Pontevedra está dotado con 726.500 euros, incrementando os recursos destinados ao deporte feminino e ao deporte adaptado.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.