GALICIA
Máis de 720 expositores participan a partir de hoxe na Feira Internacional Abanca Semana Verde de Silleda
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; e o conselleiro do Medio Rural, José González, inauguraron hoxe este evento
Máis de 720 expositores participan desde hoxe na 42 edición da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Silleda, que abriu esta mañá as súas portas.
O vicepresidente a Xunta, Alfonso Rueda; o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o conselleiro do Medio Rural, José González; e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participaron na inauguración do evento.
A Feira centrará os seus dos primeiros días na parte profesional; e a fin de semana nos aspectos máis lúdicos. Conta con catro salóns paralelos: o Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca) centrado no sector alimentario; Fecap Abanca, o único salón galego centrado na caza, pesca e natureza; e Turexpo Galicia e a Feira de festas de interese turístico, Festur. Ademais, acollerá actividades relacionadas con moitos outros sectores como as mascotas, a biomasa, a gandería ou a pequena maquinaria.
A feira, como vén sendo tónica habitual nos últimos anos, volve medrar con respecto á celebrada en 2018: tanto en número de expositores; como en superficie expositiva, que chegará nesta edición a case 19.500 metros cadrados, e en representación internacional.
A feira volve medrar respecto ao no pasado e chegará a unha superficie expositiva de case 19.500 metros cadrados
Na área expositiva o certame seguirá contando coa participación de importantes grupos empresariais como El Corte Inglés, Vegalsa-Eroski, Gadisa, Carrefour, MediaMarkt, Abanca e R. Tamén se incrementa a representación institucional doutras partes de España que comezou o pasado ano coa Junta de Andalucía e a Deputación de Burgos, ás que este ano se suman as Deputacións de Castellón e de Huesca, a Junta de Extremadura, e o Ministerio de Turismo e Artesanía de Guinea Bissau.
Ademais das actividades profesionais, durante a fin de semana realizaranse outras máis enfocada ao público xeral, como demostracións de freestyle motocross, cociña en vivo, ou exhibicións de ximnasia acrobática sobre cabalos de pura raza galega.
Referente no noroeste peninsular
A Feira Internacional Abanca Semana Verde tense consolidado como o gran certame multisectorial de mostras e ocio do noroeste peninsular. Ao longo destes anos, tal e como destacou o vicepresidente da Xunta, a Feira apostou por unha mellora continua con maior número de empresas, máis presenza institucional, unha nutrida participación internacional; unha maior superficie; e máis actividades con atractivos para todos os tipos de público.
Pola súa banda, o conselleiro do Medio Rural valorou a importancia deste tipo de feiras na nosa comunidade como dinamizadores da súa contorna.
Hoxe e mañá centrarase na parte máis profesional, e a fin de semana nos aspectos máis lúdicos
A Consellería do Medio Rural colabora con este evento a través do espazo dedicado ás razas autóctonas como son as bovinas cachena, caldelá, frieiresa, limiá, vianesa ou rubia galega, a ovella, a cabra e o cabalo galegos, a galiña de Mos e o porco celta, ademais de todas as razas caninas propias da nosa comunidade. Tal e como explicou José González, para dar a coñecer estas razas, haberá competicións e exhibicións, entre outras actividades.
Así mesmo, a consellería do Medio Rural apoia ás pequenas e medianas empresas do sector agroalimentario para que poidan estar presentes neste escaparate. Neste aspecto, o conselleiro destacou que ata 36 empresas de diferentes sectores produtivos (queixos, xeados, viños, conservas, repostería...), a maioría acollidas a un indicativo de calidade, estarán presentes estes días en Silleda con axuda da consellería, que ademais organizou tamén un posto dedicado á marca de leite Galega 100%.
Neste sentido, José González agradeceu aos gandeiros e agricultores o seu traballo diario, tanto ao fronte das súas empresas, como pola súa presenza en Silleda e aproveitou para reiterar o compromiso da Consellería para traballar xuntos da man.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149