GALICIA
Medio milleiro de persoas participan na Cidade da Cultura na ‘Holi Gaiás’
Medio milleiro de persoas, entre elas moita cativada, participaron na divertida carreira da Holi Gaiás, unha competición lúdica, de carácter familiar, amenizada con música de baile e co lanzamento dunha poeira colorista. Trátase dunha actividade deportiva, pensada para que se pasar unha mañá de sábado e en contacto coa natureza.
Patrocinada por Viaqua e coa colaboración da Fundación USC Deportiva, Federación Galega de Atletismo e Coca-Cola European Partners, a Holi Gaiás trouxo á Cidade da Cultura o seu espírito festivo na que o importante non é gañar, senón celebrar as últimas semanas dunha estación como a primavera cunha explosión de música e de cores, inspirada no festival Holi da India.
Esta competición cumpre a súa terceira edición, tras o éxito das dúas anteriores, nas que tamén a participación estivo aberta á cativada, que contou cunha categoría específica. En ambos casos, as persoas inscritas deberon percorrer, a partir das 12 horas, 5 quilómetros que incluiron o Bosque de Galicia —ampliado o pasado verán a 34 hectáreas— e o complexo arquitectónico, cun novo espazo exterior do Xardín do Teatro. Esta área verde conta con 11.574 metros cadrados, nos que están plantadas especies botánicas procedentes de diferentes partes do mundo, un auditorio ao aire libre, estanques e áreas de lecer para gozar de actividades como a Holi Gaiás, na que se conxugou deporte e natureza.
A directora-xerente da Cidade da Cultura deu o pistoletazo de saída e participou na entrega das medallas aos gañadores das dúas categorías
Música e poeira de cores
A pesar do carácter lúdico e non competitivo —no que os participantes se viron enchoupados nunha poeira de cores mentres corren animados pola música— as persoas máis veloces da Holi Gaiás viron recoñecida a súa destreza. Así, os tres primeiros e primeiras de cada categoría recibiron a súa respectiva medalla, en cuxa entrega participaron a directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo; a responsable de Comunicación de Viaqua, Sonia Delpont Vázquez; o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida Otero; e o delegado da Federación Galega de Atletismo en Santiago, Iván Sanmartín Carreira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149