Lunes, 19 de Enero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 07 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
GONDOMAR

Valmiemprega III promociona Valmiñor en Turexpo 2019

O Obradoiro de emprego Valmiemprega III, promovido polos Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán, participa dende o pasado xoves 6 ata o vindeiro domingo 9 de xuño, no IX Salón Turístico de Galicia –TUREXPO GALICIA , dentro da Semana Verde de Galicia en Silleda, promocionando os recursos turísticos do Val Miñor.


O alumnado traballador da especialidade de “Promoción turística local e atención ao visitante”atende o stand “Vive Val Miñor”, onde se informa ao numeroso público dos diferentes recursos e patrimonio co que contan os Concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán.


Previamente, elaborouse o material promocional coa colaboración entre as dúas especialidades: a de “Promoción turística local e atención ao visitante”realizou os contidos, e a de “Deseño de Produtos Gráficos” realizou os deseños. En total deseñáronse 6 publicacións:

  • Mapa turístico dos recursos dos tres Concellos.
  • Tres trípticos individuais de cada un dos Concellos titulado:“Baiona parroquia a parroquia”, “Nigrán parroquia a parroquia” e “Gondomar parroquia a parroquia”, onde se pretende amosar aqueles lugares menos coñecidos do noso territorio, e que son menos populares entre os visitantes.
  • Guía “O Val Miñor máis natural”, no que se promocionan os nosos espazos naturais e onde aparecen as Serras da Groba e do Galiñeiro, a Foz do Miñor, As Illas Estelas, o interior de Gondomar, entre outros.
  • Guía “Ven ao Val Miñor”, con información xeral de todo o territorio pasando pola súa cultura e patrimonio, natureza, rutas, eventos e moito máis.


Aparte do material promocional de Valmiemprega III tamén contamos no stand con material propio dos Concellos do Valmiñor, que foi facilitado polos departamentos de turismo de cada un deles para axudar neste importante labor de promoción.


Para a decoración do stand elaboráronse 3 grandes paneis con fotografías que resaltan os valores do Val Miñor como o Casco histórico de Baiona, a Fortaleza de Monterreal, A Serra da Groba, a Serra do Galiñeiro, o Pazo do Conde de Gondomar, o Río Miñor, o Templo Votivo do Mar de Panxón, Chandebrito e o noso mar coas Illas Estelas, e fíxose unha réplica de grandes dimensións do mapa turístico.


Dende o inicio de Turexpo son moitos os visitantes que se achegan a solicitar información, tendo o material deseñado gran aceptación.


Dende Valmiemprega valórase moi positivamente a participación neste certame, tanto polo labor de promoción, como pola experiencia adquirida polo alumnado-traballador en labores de promoción en feiras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.