TOMIÑO
Tomiño organiza unha decena de campus e actividades de verán
O prazo de inscrición manterase aberto até o día 25 de xuño
O Concello de Tomiño vén de abrir o prazo de inscrición nas ACTIVIDADES DE VERÁN para nenas e nenos. Unha decena de propostas e, concretamente, oito campus deportivos e dous campamentos: urbano e musical.
Piragüismo, tenis, pádel e fútbol; rugby, skate, balonmán e atletismo, son as disciplinas dos campus organizados pola Concellería de Deportes.
O prazo de inscrición remata o día 25 de xuño (o 24 no caso de piragüismo). O trámite pode realizarse a través da páxina web do Concello, no seguinte enlace: https://tomino.gal/campamentos-de-veran-2019/.
As persoas que asistan ás actividades de rugby, skate, atletismo, tenis, pádel, balonmán e fútbol terán unha camiseta de balde.
Para comprobar que o tamaño da mesma é o correcto, pódese comprobar a talla no edificio de Benestar Social do Concello de Tomiño (Barrio da Rocha, 8; antigo centro de saúde).
Para máis información ou dúbidas, chamar ao 986 622 001 de luns a venres, de 8 a 14 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49