GALICIA
Ángeles Vázquez destaca que o labor da APLU galega desperta o interese dos homólogos autonómicos
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sinala que a actividade e función de control e disciplina da Axencia é un referente para outros terriorios nacionais, interese que se demostra coa asistencia e participación de expertos e profesionais de distintos puntos da Península ao V Congreso anual da APLU
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, salientou esta mañá que o sistema de traballo da entidade de control e vixilancia sobre o urbanismo e a displicina urbanística en Galicia, a Axencia de Protección da Legalidade Urbanísitica (APLU), desperta o interese por parte dos departamentos de urbanismo doutras administracións autonómicas.
A conselleira inaugurou esta mañá a V edición do Congreso anual da APLU sobre urbanismo e disciplina urbanística, unha cita que xera interese por parte de profesionais e especialistas procedentes de distintos puntos da península, como Madrid, Baleares, Canarias, A Rioja, Andalucía, Valencia e Cataluña. É un evento no que non só se pon de manifesto o traballo que desenvolve a APLU, senón que tamén se abordan tema que son do máximo interese para as administracións e colectivos profesionais, indicou a conselleira.
Ao longo das vindeiras tres xornadas de traballo, preto de 400 persoas, intercambiarán opinións e puntos de vista sobre os retos que presenta o urbanismo, como a incorporación das políticas de vivenda e xénero no urbanismo, os obxectivos de desenvolvemento sostible 2030 nas axendas urbanas, a mediación como instrumento para a execución de sentenzas urbanísticas, a mobilidade como eixe de desenvolvemento urbano sostible ou as próximas medidas lexislativas para reforzar a seguridade xurídica dos plans de urbanismo.
Ángeles Vázquez destaca a calidade desta cita anual que organiza a Axencia, que nesta edición se centra en seis talleres específicos
Para conseguir definir unha resposta a estes retos de futuro, celebraránse seis talleres participactivos, para abordar cuestións de interese como: os novos modelos urbanos, os contidos do planeamento urbanístico, os aspectos rexistrais do urbanismo, o control xudicial dos actos urbanísticos e o despoboamento rural.
Un esforzo no marco normativo
A conselleira de Medio Ambiente argumentou que na última década a Administración galega fixo un esforzo sin precedentes para definir e elaborar un novo marco normativo que de resposta a tres obxectivos fundamentais: a protección da paisaxe, o desenvolvemento rural e que todos os concellos galegos conten con Pxom; un reto no que se avanza día a día, xa que hoxe xa máis de 100 concellos teñen o seu planemento vixente á lei, Galicia conta cun Plan Básico Autónómico e en 2019 estarán os primeiros plans básicos municipais.
Salientou que o marco normativo en Galicia é hoxe máis moderno, acorde á realidade existente e cunha tramitación máis sinxela. Salientou que este cambio se iniciou coa Lei do solo de Galicia e acadará outro fito importante este mesmo ano, coa remisión ao Parlamento de Galicia a nova Lei de Ordenación do Territorio.
Ángeles Vázquez recoñeceu que a APLU ten xogado, e xoga, un papel fundamental á hora de concienciar á sociedade en xeral na necesidade de coidar o territorio; non só polo feito de que na última década 60 novos concellos “de todas as cores políticas” se adheriron á APLU, xa que é un instrumento eficaz para o control da disciplina urbanística; senón tamén porque propiciou a concienciación da poboación galega, tal e como demostra a redución das multas coercitivas en 2018 ou o feiro de que un 94% das demolicións efectuadas foron realizadas polos particulares.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149