Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 11 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

MS condiciona a alcaldía para gobernar co PSdeG-PSOE

Ofrecen o reparto de 3 + 3 concellerías

Na segunda reunión entre MS e PSOE, celebrada onte luns 10, por parte de MS recordouse á comisión negociadora do PSOE,"en aras de conseguir un Goberno de esquerdas forte e unido" que o resultado eleccións foi de "1.481 MS – 1.036 PSOE", segundo explican nun comunicado remitido hoxe ós medios.


"Ante a proposta realizada por parte do PSOE trala xuntanza do pasado luns 3 de xuño, na que se nos deu traslado da intención de presentar a candidatura de Verónica Tourón para ocupar o posto da Alcaldía",  MS prantexa "un documento realista e rigoroso, acorde aos resultados obtidos nas eleccións do pasado 26 M, donde o obxectivo é  o establecemento dun Goberno de coalición forte e estable baseado no principio da lealdade entre MS e PSOE. Proponse formar un equipo de goberno que traballe man a man na defensa dos intereses de Salceda".


"Reflectimos a decisión dos veciños e veciñas nos resultados, polo que a Alcaldía correspóndelle a Movemento Salceda, por ser a lista máis votada de esquerdas. A alcaldía acompáñase dunha distribución equitativa dos concelleiros e concelleiras (3+3)".


O documento sobre o que se propón traballar "recolle unha proposta de distribución de áreas e responsabilidades, así como as liñas estratéxicas nos proxectos que deberían ser fundamentais ó longo desta lexislatura" sinalan dende MS.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.