Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 11 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación lembrará os nomes das mil mulleres asasinadas polo machismo con dúas grandes pancartas

Carmela Silva anunciou que “trátase dunha acción activa contra as violencias machistas que matan ás mulleres cuxos nomes non poder caer no esquecemento”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou hoxe de que a fachada do Pazo Provincial mostrará dúas grandes pancartas cos nomes das mil mulleres asasinadas pola violencia machista desde que existen estatísticas, é dicir, desde 2003. “Instalaremos esas pancartas cos seus nomes porque non poden caer no esquecemento”, asegurou Silva, que valorou esta acción como “unha actitude activa contra a violencia machista que nos mata ás mulleres polo simple feito de ser mulleres”. A presidenta provincial lembrou á última muller asasinada pola violencia machista, onte en Valencia, e sinalou que “esta situación tan grave e dramática interpélanos a todas e a todos para dicir ‘basta xa’”.

 

A Presidenta da Deputación asegurou que “unha sociedade decente a avanzada non pode consentir esta situación insoportable” e lembrou que “as mulleres asasinadas en España polo machismo son máis que as vítimas do terrorismo”. Silva lembrou que “falamos de mil mulleres asasinadas, pero en realidade hai moitas máis que non foron contabilizadas e non aparecen nas estatísticas”, que se remontan só a partir do ano 2003, “e que foron asasinadas vilmente”.

 

Nos cinco meses que levamos de ano, xa foron asasinadas polas violencias machistas un total de 25 mulleres. Trátase dunha cifra que dobra os datos con respecto a 2018, cando a estas alturas do ano foran asasinadas polas súas parellas ou exparellas 12 mulleres. Ademais, existe outro caso en investigación que elevaría a cifra a 26 no que vai de ano e a 1.001 na estatística das mulleres asasinadas desde 2003. Dúas das 25 mulleres asasinadas polo machismo en 2019, Estrella e María Jesús, eran de orixe galega (de Sober –malia que o asasinato se produciu en Madrid– e de Valga, respectivamente). Desde que existen datos, nestes 16 anos 1.000 mulleres foron asasinadas polas violencias machistas en España, 59 en Galicia e 24 na provincia de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.