Martes, 24 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 22:25:36 horas

Xornal21.es
Sábado, 15 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O centro de compostaxe de Goián recibe a visita do Centro San Xerome

A visita transcorreu nun ambiente de cordialidade e cooperación, no que técnicos e aprendices puideron intercambiar experiencias e aprendizaxes

As mestras  e mestres composteiros do centro para persoas con discapacidade San Xerome Emiliani, de A Guarda,  visitaron o Centro Comunitario de Compostaxe de Goián.

 

A visita transcorreu nun ambiente inmellorable, no que os  técnicos do Concello de Tomiño puideron  intercambiar experiencias e aprendizaxes con  Ana María Losada, Carmen Verde, Enma Fernández, Fabio Martínez, Francisco José Costas, Generoso Pérez, Lourdes Fernández, Lucía Baz, María Penodjona, Maite Barros, Mercedes Rodríguez e Óscar Álvarez e con Marcio Fernández, Manuel Martínez e Olga Rodríguez e co profesor Guillermo Rodríguez Barreiro.

 

Todos forman parte do proxecto XE-MENTE, que ten a compostaxe como parte  da  súa formación. “O acrónimo do proxecto xoga cunha dualidade: XE-MENTE é a unión de Xerome e semente, e ademais de valorizar o ecosistema autóctono, de forma simbólica, representa a primeira semente da diversidade plantada por San Xerome, para conseguir xerar un Horto de Plena Inclusión”, explicaron tras a visita.

 

“Este proxecto xera novos perfís profesionais que contribuirán a crear empregos verdes inclusivos e a preservar a riqueza dun ecosistema auto-sustentable; favorecendo a valorización e preservación de especies autóctonas. Fermoso e útil proxecto. Moitas gracias a todos eles por acollernos na súa asociación e por visitarnos en Goián”, comentaron, pola súa banda, os mestres composteiros de Tomiño.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.