ACTUALIDAD
Lázaro, o primeiro becerro da península en cadeira de rodas
Construíron unha estrutura móbil para que poida manterse erguido e moverse
Hai escasamente un mes o Santuario Animal Vacaloura, refuxio para animais de granxa que se atopa no municipio de Santiago de Compostela, recibía a Lázaro, un pequeno becerro que entón tiña 19 días e hoxe perto de 2 meses de idade, que naceu con problemas neurolóxicos que lle impiden manterse en pé e camiñar correctamente. Agora, Lázaro ven de estrear unha “cadeira de rodas” que lle fabricaron para poder manterse erguido e camiñar.
O becerriño naceu nunha explotación gandeira dunha comunidade de montes do Grove e o seu caso tivo repercusión na televisión pública galega, dado que “tiña problemas para manterse en pé, non apoiaba ben as patas”, segundo refire Inés Trillo, cofundadora do Santuario Vacaloura. Posto que na reportaxe se indicaba que a intención que tiñan era sacrificalo, xa que non se ía poder valer por si mesmo no monte, desde Vacaloura contactaron e ofrecéronse a “acollelo no refuxio e darlle os coidados que necesita, para que puidera ter unha vida digna e non fora condenado á morte por mor da súa discapacidade”, explica Inés, que, xunto con Mario Santiago, rexenta este lugar no que se recollen e coidan animais de diferentes especies, que proveñen de casos con problemas como Lázaro, ou de maltrato ou abandono. “Nun principio, pensabamos que podería ser un caso similar ao doutro becerro que viviu aquí hai un tempo, Mateo, que con coidados e fisioterapia, conseguiu volver camiñar con normalidade”, asegura Inés, pero despois da exploración e as probas que se lle realizaron no hospital veterinario Rof Codina de Lugo, parece que a hipótese máis probábel para o problema de mobilidade de Lázaro é que se debera “a que durante o parto houbo sufrimento e hipoxia, non lle chegaba suficiente osíxeno ao cerebro,
e iso deixou secuelas na motricidade”, lamentan desde Vacaloura. Inda que non é seguro que poida volver camiñar con normalidade, desde o Santuario Animal aseguran que “imos loitar o que sexa preciso para que Lázaro teña unha vida digna e feliz, e para que antes de que lle chegue a hora de partir teña visto, sentido e coñecido o máximo de cousas marabillosas que este mundo lle pode ofrecer”.
En vista da situación, en Vacaloura decidiron poñerse mans á obra, e construíron unha estrutura metálica, que sirva como “cadeira de rodas” para o becerriño. Acaban de estreala e están moi contentes co resultado. “Lázaro parece que se afixo moi ben á estrutura e os arneses, e ata semella que apoia mellor as patas traseiras” indica Inés Trillo. Pola información que manexan, trátase este do primeiro caso documentado na península ibérica dun becerro que se axuda a camiñar cunha cadeira de rodas, algo que dá conta de como na industria cárnica ou leiteira non existe preocupación pola vida e a saúde dos animais, senón que son tratados como obxectos ou produtos. “Un animal así, na industria é sacrificado directamente, posto que se considera que non paga a pena o gasto nin o tempo que se precisa para coidalo” denuncia a cofundadora do Santuario.
O caso de Lázaro é diferente, e ademais de ser o primeiro becerro en cadeira de rodas, tamén vai ser coidado e atendido no Santuario Vacaloura ata que morra naturalmente. “Algo moi distinto do que sucede todos os días con miles de animais que son sacrificados para o consumo humano, e que non ven atendidas as súas necesidades ou intereses máis alá do que é útil á industria”, conclúe Inés.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126