GALICIA
Os municipios sen oficina bancaria deberán de ter una caixeiro automático
A Xunta licitará un servizo que garanta que toda a poboación dispoña de servizos financeiros básicos no seu concello
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe no Consello da Xunta da próxima licitación dun servizo que garanta que toda a poboación galega dispoña de servizos financeiros básicos no seu concello. “Trátase de dar solución a un problema que se está detectando nas zonas do rural”, abundou.
Así, para que os veciños poidan efectuar xestións básicas como a retirada e ingreso de cartos en efectivo, a actualización de cartillas bancarias ou o pagamento de recibos, instalarase un caixeiro automático nos municipios que non conten con oficinas bancarias. Unha medida da que, polo momento, se beneficiarán 41 concellos que actualmente carecen dunha entidade de crédito, 25 na provincia de Ourense, 10 na Coruña, 4 en Lugo e 2 en Pontevedra. Son o 13% do total e neles residen 52.000 galegos e galegas, dixo.
Ademais, Feijóo explicou que este contrato, que se sacará a concurso público, incluirá outros dous servizos, un de asistencia financeira ao cidadán para solventar dúbidas de xeito presencial e outro de formación en banca electrónica para os cidadáns interesados en adquirir esas habilidades.
Subliña que este contrato incluirá outros dous servizos, un de asistencia financeira ao cidadán e outro de formación en banca electrónica
Para tal fin, subliñou, abordarase a dita cuestión coa Federación Galega de Municipios e Provincias, unha vez que queden conformadas as corporacións locais. Aspectos como as condicións nas que se desenvolverá o servizo ou a colaboración que prestará cada municipio. En todo caso, puntualizou, será necesario que os gobernos locais dean a súa autorización a través da sinatura dun protocolo de adhesión entre o concello e a Xunta.
O presidente da Xunta concluíu a súa intervención subliñando o carácter pioneiro desta iniciativa que redundará nunha mellor calidade de vida para os veciños que residen neses municipios, xa que non terán que desprazarse para realizar as súas xestións bancarias básicas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126