VIGO
Caballero pide reiniciar a nova autovía entre Vigo e O Porriño a través dun tunel por Mos
Abel Caballero informou de que o Concello de Vigo actualizará a información necesaria para a empresa adxudicataria da redacción do proxecto e do documento de impacto ambiental. O alcalde destacou a reactivación da infraestrutura coa chegada do actual Goberno central
O alcalde en funcións, Abel Caballero, destacou esta semana os inicios dos traballos para levar a cabo a construción da nova autovía entre Vigo e O Porriño a través dun túnel. O rexedor indicou que a empresa Ayesa, adxudicataria dos traballos de consultoría e asistencia para a redacción técnica, pediu ao Concello que actualice a documentación sobre zonas afectadas.
Segundo explicou Caballero, a redacción do proxecto iniciouse no ano 2009 e modificouse o ámbito de estudio inicialmente previsto, por lo que procede a realizar unha nova solicitude de información. "A Declaración de Impacto Ambiental está caducada desde o ano 2012, co Goberno do PP de Mariano Rajoy, o que obriga a tramitala outra vez", sinalou.
A nova autovía de acceso a Vigo, cun trazado homoxéneo co resto da autovía A-52, ten como obxectivo captar gran parte do tráfico da actual A-55. Cun elevado custe, xa que ronda os 277 millóns estimados en obra, inclúe un novo túnel de máis de 2 km baixo o alto de Puxeiros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58