GALICIA
O certame escolar ‘Consumópolis’ premia os mellores traballos sobre publicidade e consumo responsable
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, entregaron os galardóns desta iniciativa impulsada pola Xunta no que participaron uns 700 alumnos de toda Galicia
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, xunto coa presidenta do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, Rosa Celia Otero, entregaron o pasado venres os premios da fase autonómica do certame escolar de consumo responsable Consumópolis. Nesta décimo cuarta edición, organizada pola Xunta, baixo o lema Pola túa seguridade, sabes o que consumes? participaron uns 700 alumnos e alumnas de toda Galicia, que tiveron que deseñar, elaborar e presentar un traballo conxunto sobre consumo responsable, que consistiu nun prototipo ou maqueta dun produto novo e orixinal, creado por eles mesmos, que debía ir acompañado dunha etiqueta e unha ficha explicativa.
O alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria (Categoría A) tivo como temática: os xoguetes, artigos deportivos ou material escolar. E o alumnado de 1º e 2º curso de educación secundaria obrigatoria (Categoría B), xunto co de 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria (Categoría C) tivo como temática: a moda, aparellos eléctricos ou electrónicos, smartphones e artigos deportivos.
O alumnado participante reflexionou así sobre a importancia de consumir de forma consciente, crítica, solidaria e responsable.
Na fase autonómica de Consumópolis, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, establecéronse tres categorías por idades, concedéndose premios para os 3 mellores traballos en cada tramo de idade, dotados con 1.000 euros os primeiros premios, 600 euros os segundos e 300 euros os terceiros.
Resultaron premiados alumnos de centros educativos de Rábade, Poio, Camariñas, Meira, Monforte de Lemos, Ferrol e Cospeito
Centros premiados
Na categoría correspondente a 5º e 6º curso de primaria clasificáronse en primeiro lugar os alumnos do CEIP Otero Pedrayo, na localidade de Rábade (Lugo); e en segundo lugar un equipo do CEIP de Lourido, en San Salvador de Poio (Pontevedra); mentres que o terceiro premio foi de novo para un equipo do CEIP de Lourido de Poio.
No tocante á categoría de 1º e 2º curso de ESO, o primeiro premio recaeu no IES Plurilingüe Pedra da Aguia de Camariñas, na provincia da Coruña; o segundo premio no IES de Catabois, en Ferrol, na Coruña, e o terceiro premio foi para un equipo do IES Pedregal e Irimia de Meira, en Lugo.
Na categoría de 3º e 4º de ESO, o primeiro premio recaeu no IES Rio Cabe, de Monforte de Lemos, en Lugo; o segundo premio no IES de Catabois, de Ferrol na Coruña; e o terceiro dos equipos premiados foi do CPI Plurilingüe Virxe do Monte, de Cospeito, Lugo.
Os primeiros clasificados de cada categoría representarán a Galicia na fase nacional de Consumópolis, organizada pola Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN), competindo con traballos presentados por alumnado do resto das Comunidades Autónomas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126