O PORRIÑO
Este luns continúan as negociacións do goberno de coalición do Porriño
Eva García de la Torre foi investida como alcaldesa do Porriño coa suma dos catro partidos, así a candidata socialista recibiu 9 votos (4 do PSOE, 2 do BNG, 2 de EU Son Porriño e 1 da UDDL) fronte ós 8 votos que acadou Manuel Alejandro Rodríguez, candidato do PP e que corresponderon ós concelleiros dese partido.
Deuse a circunstancia de que o derradeiro concelleiro chamado a votar foi Manuel Carrera, da UDDL, o voto decisivo para desfacer o empate a favor de Eva García Eva García recibiu o bastón de mando da mesa de idade que presidiu a sesión constitutiva formada polo o concelleiro de maior idade, Ramón Porto e a concelleira máis nova, Antía Carrera (ambos do PP) que actuaron asesorados polo secretario do Concello. Previa á votación tomaron posesión os dezasete membros da nova corporación mediante a fórmula de xuramento ou promesa á Constitución, segundo elixiron. E finalmente procedeuse á votación para elixir alcalde ou alcaldesa que deparou o resultado antedito.
Nas súas primeras declaración, ó termo da sesión, a alcaldesa reelecta para un novo mandato ata 2023 manifestou sentirse “feliz e cargada de responsabilidade porque Porriño é un concello que tén un enorme potencial e a carga de traballo é moi grande para acadar que Porriño sexa canto pode ser durante estes vindeiros catro anos”. Con respecto ó inminente futuro a partir do luns 17, a alcaldesa reelixida sinalou que “imos seguir negociando para un goberno de coalición. Estamos avanzada nas conversas co BNG e agardo que academos un acordo”. “Agardo que teñamos por diante catro fructíferos, cheos de proxectos e obxetivos que cumprir para os veciños do Porriño”, finalizou Eva García.
A partir do luns 17, haberá un prazo de ata un mes para que se forme goberno municipal e sexan distribuídas as diversas competencias e delegacións no goberno coaligado así como para establecer o regramento de funcionamento e a periodicidade das sesións plenarias e de comisións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8