A GUARDA
Caramelo Krew abríu o Música nas Prazas 2019 na Guarda
O pasado venres día 14 de xuño arrancou o Música nas Prazas 2019, cuarto ano desta actividade promovida dende a concellería de Cultura do Concello da Guarda e que este ano conta con 3 concertos nas Prazas de San Queitano, As de Copas e Os Seixiños.
Os encargados de abrir a programación de Música nas Prazas foi grupo de Rap guardés Caramelo Krew, un grupo formado por Hugx (Hugo Aldea) e Holden (Jose Mauri), que encheron de música a Praza de San Queitano.
A vindeira cita será o 16 de Agosto ás 22:00h na Praza do As de Copas coa actuación do grupo Blues do Pais e para rematar o 13 de setembro ás 22:00h na Praza dos Seixiños coa actuación de Helen & Shana.
A programación de Música nas Prazas acadou na súa edición 2018 un notable éxito de afluencia de público, fomentando a música en diferentes espazos públicos do municipio, tentando dar visibilidade e dinamismo a todos eles por igual, levando a cultura musical a todas as parroquias da vila.
Ao longo dos tres anos de Música nas Prazas foron moitas as formacións musicais do panorama local e galego que teñen pasado polas prazas da vila guardesa, entre elas, De Vacas, Sonus de Gaya, Indomables, Argonat Band, Mbolo Mooye Doolé, Carmen Johns, entre outros.
O Música nas Prazas 2019 conta co apoio de Pontegal da Deputación de Pontevedra.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11