Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 21:33:57 horas

Xornal21.es
Lunes, 17 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Alejandro Lorenzo será o deputado provincial polo partido xudicial de Tui

Os representantes locais dos concellos que integran o partido xudicial reuníronse co presidente provincial para propoñer ao candidato

O representante do PP na Deputación de Pontevedra polo partido xudicial de Tui será Alejandro Lorenzo, candidato do Partido Popular do Porriño. Así o decidiron os representantes locais dos concellos que conforman este partido xudicial –Mos, Salceda, Tui, Tomiño, Oia, O Rosal, A Guarda e O Porriño-  na reunión que mantiveron esta tarde co presidente provincial do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda e co secretario xeral, Xosé Manuel Cores Tourís.

 

Alejandro Lorenzo terá que ser ratificado nos próximos días na xunta electoral de zona cos votos dos concelleiros populares. Unha vez que tome posesión, substituirá na corporación provincial a Santiago Rodríguez Davila, candidato do PP en Salceda, que accedeu ao escano en 2017 despois de que a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o ocupase durante os dous primeiros anos de mandato.

 

Coa designación de Alejandro Lorenzo xa están nomeados os deputados populares por Tui, Ponteareas, Lalín e A Estrada, e quedan pendentes de designar os de Cambados –que esta mesma tarde terán a reunión da zona- Vigo e Pontevedra.

 

 

 

 

“Intentaremos que vaian os mellores representantes, porque gobernando ou estando na oposición temos claro que os intereses de Pontevedra teñen que estar por riba de todo”, sinala Rueda

 

 

 

 

Alfonso Rueda destaca que “estamos escoitando a todos os candidatos dos sete partidos xudiciais, para entre todos e por consenso elixir ás persoas que van representar ao PP na Deputación de Pontevedra. Intentaremos que vaian os mellores representantes, porque gobernando ou estando na oposición temos claro que os intereses de Pontevedra teñen que estar por riba de todo”.

 

No próximo mandato os populares contarán con once deputados na corporación provincial. Ademais do deputado de Tui, o PP conta con outros tres no partido xudicial de Pontevedra, dous no de Cambados, dous no de Vigo, e un nos de Ponteareas, Lalín e A Estrada.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.