PROVINCIA
A Deputación de Pontevedra a través do seu Plan de Mantemento acondicionou 110 campos de fútbol
Esta actuación, enmarcada no Plan Estratéxico de Deporte, garante a recuperación destes espazos para estender a súa vida útil

A Deputación de Pontevedra, a través do seu Plan de Mantemento, acondicionou no que vai de mandato un total de 110 campos de fútbol na provincia: 35 de herba natural e 75 de herba sintética en 53 concellos. O programa, enmarcado no Plan Estratéxico de Deporte, ten por obxectivo garantir a recuperación destes espazos que, en ocasións, presentan un estado de conservación defectuoso e co obxectivo de estender a súa vida útil.
Para acondicionalos, a Deputación puxo a disposición dos municipios persoal e maquinaria para poder manter en bo estado estas instalacións. Entre elas, un tractor de forza motriz e un apeiro subsolador-varredor que permitiron, nos campos de herba artificial, a limpeza e retirada de elementos vexetais e corpos estraños que se acumularon co paso do tempo, a descompactación do céspede e/ou a carga mediante maquinaria especializada que incrusta púas de goma vibrantes, o cepillado da cuberta artificial e o recebo mediante a reposición de area ou caucho con axuda da maquinaria especializada.
Neste ano 2019 estase a actuar en 84 destes campos, tanto de herba natural como sintética, de 39 municipios da provincia
No campos de herba natural, o persoal da Deputación traballou cun tractor que achega forza motriz e apeiros pinchadores, escarificadores e sementadores que permitiron o escarificado para aumentar a densidade da herba, o pinchado da superficie para o aireado da terra e sementado.
Ademais, este ano tamén se está a actuar en 84 campos de fútbol de 39 concellos de provincia. En concreto, nos 29 de herba natural remataron os traballos de pinchado a excepción dos de Barcia (Lalín), San Mateo (Ponteareas) e A Gándara (Salceda). Nestes momentos tamén se están levando a cabo melloras nalgúns dos 55 campos de herba sintética nos que está previsto actuar. Cando rematen estas labores, iniciaranse os traballos de escarificado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186