

Este venres e sábado (21 e 22 de xuño) terá lugar no Pazo de Mos o I Festival Daquelas que Cantan. A Voz das mulleres no Camiño Portugués, que estará protagonizado por cantoras do talle de Celina da Piedade (Portugal), Kátya Teixeira (Brasil), o grupo Malvela, Uxía, Arume, Zaragateiras e Ergutío.
Trátase dun festival pioneiro en Galicia de voces de mulleres, un encontro de música vogal protagonizado polas mulleres depositarias da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio inmaterial. Haberá tamén obradoiros de canto, concertos, mostra de artesanía local, foliada e unha andaina para recollida das herbas de San Xoán, entre outras actividades.
Eis o programa:
Venres 21
16.00 Obradoiro de cante alentejano con Celina da Piedade (Portugal)
17.00 Mostra de artesanía local
19.30 Apertura do festival con Tiago Pereira (A música portuguesa a gostar dela própia. Charla “O canto popular feminino na literatura galega” a cargo de Dorinda Castro e Uxía
22.00 Concerto de Malvela. Convidadas: Celina da Piedade, Kátya Teixeira e Uxía.
Sábado 22
10.00 Andaina para recollida das herbas de San Xoán a cargo de Adoa
16.00 Obradoiro de cantos tradicionais do Brasil con Kátya Teixeira
17.00 Mostra de artesanía local
20.00 Foliada con Arume e Zaragateiras
22.00 Concerto de Celina da Piedade e Kátya Teixeira Malvela. Convidadas: Uxía e Ergutío.
Este festival conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Deleite, Adoa Centros de Xardinería, Malvela e o Concello de Mos.
Por un legado azul
Guía de Servicios Municipais en MOS - Información e Trámites
Departamento Municipal de Urbanismo do Concello de Mos
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.