GALICIA
A Policía Autonómica detén un furtivo habitual da Coruña que empregaba un torpedo submarino
Os axentes incautaron, entre outro material, 44 quilos de percebe que foron entregados á residencia Padre Rubinos
Axentes da Policía Autonómica do grupo ERPOL detiveron un varón, furtivo habitual da zona da Coruña, ao que se lle imputa un delito contra a flora e a fauna pola extracción ilegal de percebe na zona que comprende desde Barrañán ao Porto Exterior. Tamén foi detida unha muller, que exercía os labores de vixilancia.
O detido empregaba equipo de submarinismo profesional e un torpedo para desprazarse baixo a auga varios quilómetros (en ocasións máis de dez) e evitar ser así localizado. Cando chegaba á zona escollida, fondeaba o torpedo e comezaba a extracción. Unha vez obtida a cantidade desexada, regresaba ao punto de partida, sempre baixo a auga. Calcúlase que podía obter nunha xornada entre 3.000 e 5.000 euros de beneficio.
Ademais de desprazarse baixo a auga, o detido tomaba outras precaucións, como deixar fondeado o produto recollido ata ter a certeza de que non podía ser localizado, para o que contaba coa axuda da muller que tamén foi detida desta operación.
O detido actuaba na zona entre Barrañán e o Porto Exterior
Tendo en conta todo isto, os axentes dispuxeron un amplo e discreto dispositivo por toda a zona durante varios días, para poder coñecer con detalle a súa forma de actuar e poder así proceder á súa detención.
No momento da detención, comisouse un vehículo, un equipo completo de submarinismo, o torpedo que empregaba para desprazarse, varios útiles para a extracción e limpeza do molusco (áncora, lanterna, rebarbadora, redes...), así como 44 quilos de percebe de gran tamaño, que en lonxa poderían alcanzar un valor de 5.200 euros. Os percebes foron entregados á Residencia Padre Rubinos.
As dilixencias foron remitidas ao xulgado de Garda da Coruña.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126