GALICIA
A Xunta amplía as bolsas de traballo para a cobertura de postos de secretarios, interventores e tesoureiros
Un total de 145 aspirantes preséntanse estas emana á realización dunha proba tipo test
A Xunta ampliará as bolsas de traballo destinadas á cobertura de postos de secretarios, interventores e tesoureiros nos concellos galegos.
O Goberno galego puxo en marcha este sistema por vez primeira o ano pasado co obxectivo de axudar aos concellos a cubrir as vacantes destes postos, que precisan de habilitación nacional. Trátase dun sistema áxil, eficaz e que libera ás entidades locais do custo económico dun proceso selectivo. Os concellos interesados poden solicitar voluntariamente a cobertura destes postos a través deste procedemento cando non poden facelo de xeito definitivo ou en comisión de servizos, acumulación ou nomeamento provisional.
Para incorporarse ás listas deberán superar a proba e realizar un curso de formación
Ata agora, máis de 25 concellos teñen solicitado voluntariamente a cobertura de postos. Agora, e coa previsión de que a necesidade de cobertura aumente ao haber máis vacantes, a Xunta decidiu ampliar a bolsa de traballo.
A primeira proba para acceder a esta bolsa realizouse esta mesma semana e foi tipo test. Un total de 145 persoas presentaranse a este exame, que terá lugar na Escola Galega de Administración Pública. Está previsto que a partir do mes de xullo se incorporen ás listas actuais aquelas persoas que superen o exame e un curso de formación, que se realizará por teleformación e que está previsto que comece o 1 de xullo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126