Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 21 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Este venres abre a primeira edición do festival Daquelas Que Cantan en Mos

I Festival Daquelas que Cantan. A Voz das mulleres no Camiño Portugués: 21 e 22 de xuño no Pazo de Mos

Este venres e sábado (21 e 22 de xuño) terá lugar no Pazo de Mos o I Festival Daquelas que Cantan. A Voz das mulleres no Camiño Portugués, que estará protagonizado por cantoras do talle de Celina da Piedade (Portugal), Kátya Teixeira (Brasil), o grupo Malvela e a propia Uxía.

 

Trátase dun festival pioneiro en Galicia de voces de mulleres, un encontro de música vogal protagonizado polas mulleres depositarias da nosa memoria colectiva, do noso patrimonio inmaterial. Haberá tamén obradoiros de canto, concertos, mostra de artesanía local, foliada e unha andaina para recollida das herbas de San Xoán, entre outras actividades.

 

As MALVELA representan a voz das mulleres galegas coas súas cancións da terra. Cando hai ben anos estas mulleres de Sanguiñeda (Mos) se xuntaron nun curso de canto impartido por Uxía, non podían nin imaxinar que chegarían a ser unha referencia da nosa música e que pasearían o seu ritmo e a súa alegría por teatros, festivais, verbenas e televisións. O seu cuarto álbum é Raianas, unha viaxe polas dúas beiras do Miño, na que aparecen temas tradicionais e actuais, nun afán de irmandade con Portugal que Malvela amosou xa desde o seu primeiro disco.

 

E desde o Alentejo aterrará no Pazo de Mos CELINA DA PIEDADE co seu acordeón e coa súa voz, ademais do seu inmenso carisma. No seu repertorio, os temas do cante alentexano crúzanse con novas melodías, composicións  propias e outros autores, como o arxentino Atahualpa Yupanqui, o brasileiro Gilberto Gil, e o portugués João Gil.

 

 

 

 

Conta coa participación de artistas coma Celina da Piedade (Portugal), Kátya Teixeira (Brasil), Malvela,  Uxía, Arume, Zaragateiras e Ergutío

 

 

 

 

Do outro lado do océano chega KÁTYA TEIXEIRA, unha cantora brasileira (de São Paulo) nada nunha familia de músicos, compositores e investigadores da cultura popular, e trae no seu traballo musical toda esa bagaxe e tamén o resultado das súas andainas e recollidas polo Brasil. A música de Kàtya incorpora todos eses saberes e sonoridades, facendo reverencia aos mestres populares e ás manifestacións culturais auténticas do Brasil.

 

Eis o programa:

Venres 21
16.00 Obradoiro de cante alentejano con Celina da Piedade (Portugal)
17.00 Mostra de artesanía local
19.30 Apertura do festival con Tiago Pereira (A música portuguesa a gostar dela própia. Charla “O canto popular feminino na literatura galega” a cargo de Dorinda Castro e Uxía
22.00 Concerto de Malvela. Convidadas: Celina da Piedade, Kátya Teixeira e Uxía.

Sábado 22
10.00 Andaina para recollida das herbas de San Xoán a cargo de Adoa
16.00 Obradoiro de cantos tradicionais do Brasil con Kátya Teixeira
17.00 Mostra de artesanía local
20.00 Foliada con Arume e Zaragateiras
22.00 Concerto de Celina da Piedade e Kátya Teixeira Malvela. Convidadas: Uxía e Ergutío.

 

Este festival conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, Deleite, Adoa Centros de Xardinería, Malvela e o Concello de Mos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.