TOMIÑO
A Escola de Teatro de Tomiño presenta catro producións propias na mostra de fin de curso
O sábado próximo ás 20.00h, actuará o Grupo Xuvenil, coa obra “TV Desastre” e ás 22.00h, farao o Grupo de Adultos con “O Balneario”, ambas representacións no auditorio goianés
Un ano máis, a Escola Municipal de Teatro de Tomiño, presenta a súa mostra de final de curso. Será esta fin de semana e a seguinte no auditorio de Goián e na Casa da Cultura.
O sábado ás 20.00 horas actuará o Grupo Xuvenil, coa obra “TV Desastre” e ás 22.00, farao o Grupo de Adultos con “O Balneario”, ambas representacións no auditorio goianés.
O domingo ás 20.00h será o Grupo Infantil quen presente “Os Ovos Misteriosos”. A continuación, o Grupo Infantil porá en escena outra peza teatral titulada “Tod@s somos diferentes”.
Por outra banda, o domingo 30 de xuño, a partir das 21.00h o Grupo de Adultos volverá a representar “O Balneario” pero esta vez na Casa da Cultura.
Dende hai varios anos as profesoras Alba Tamara e Beatriz Campos, do grupo Migallas Teatro, imparten as clases dos diferentes grupos de idade da Escola Municipal de Teatro de Tomiño, comezando nun primeiro momento o grupo infantil e creándose logo o xuvenil. O grupo de adultos comezou o ano pasado e fórmao unha ducia de participantes.
O Balneario é unha peza teatral cómica de creación colectiva feita a partir da obra "Un inimigo do pobo" de Henrik Ibsen. Con este texto como punto de partida o grupo de teatro de Tomiño fai unha proposta cómica moi divertida e para todos os públicos.
A historia transcorre a principios do século XX nunha vila singular que ten un balneario con modernas terapias que curan tódolos males a base de litros e litros de auga. O Balneario é o motor económico e social deste lugar no que a vida transcorre placidamente ata que as cousas comezan a empeorar...

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49