A GUARDA
O Atlético Guardés xa ten a súa disposición a achega da Deputación como Club Deportivo de Elite
A Deputación de Pontevedra vén de entregar ao Atlético Guardés a acta da resolución da subvención que recibe a entidade da Guarda como club deportivo de elite. Así, esta temporada, o equipo de balonmán que milita na Liga Guerreras Iberdrola recibe 38.000 euros, 3.000 máis que a pasada temporada.
O Atlético Guardés, campión de liga en 2017, é un habitual nas últimas temporadas nas competicións europeas. Nesta temporada que vén de rematar o Atlético Guardés rematou en terceira posición, clasificándose para a próxima edición da Challenge Cup.
Amais do equipo do Baixo Miño, a Deputación de Pontevedra entregou as resolucións a 15 clubs que tamén benefícianse destas axudas: Club Balonmán Porriño, Club Balonmán Cangas, Club Ciclista Rías Baixas, Club Deportivo Supermercados Froiz, Club Deportivo Vilagarcía Tenis de Mesa, Agrupación Deportiva Vincios, Coruxo Club de Fútbol, Club Rápido de Bouzas, Club Poio Fútbol Sala, Club Amfiv, Sociedade Deportiva Teucro, Sociedad Gimnástica, Atlético Guardés, Tenis de Mesa Monteporreiro e Club Cambados de Tenis de Mesa, amais do Pontevedra C.F.
Este ano este programa de axudas da Deputación de Pontevedra está dotado con 726.500 euros, incrementando os recursos destinados ao deporte feminino e ao deporte adaptado.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11