Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 21 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG considera que os soldos "non están adecuados á realidade"

O BNG de Mos votou en contra das dedicacións exclusivas e os soldos para a equipa de goberno que o Partido Popular levou ao pleno municipal celebrado este venres. O portavoz nacionalista no Concello, Gustavo Barcia, amosou a súa satisfacción ante a supresión dunha dedicación exclusiva, pero criticou a decisión de subir de forma considerable o salario asignado ás catro que se manteñen. Na súa intervención, indicou que o soldo da alcaldía se incrementa en 486 euros respecto á anterior lexislatura, quedando en 49.162 euros, e denunciou que cada un dos concelleiros con dedicación exclusiva cobrará 29.242 euros anuais, o que supón un amento de soldo de 2.557 euros.

 

Os novos soldos aprobados no pleno, en opinión de Barcia, “non están adecuados a realidade do país e da situación económica do Concello”. Recoñeceu que “os políticos que exercen postos de responsabilidade deben ter unha remuneración digna”, pero lembrou que o salario medio anual no Estado Español, de acordo cos datos do INE, é de 25.924 euros para os homes e 20.131 para as mulleres.

 

Comisións informativas

No pleno de organización aprobáronse tamén as cantidades que os membros da corporación municipal percibirán pola súa participación nas comisións informativas. Barcia reclamou que a súa convocatoria se realice “cando sexan realmente necesarias” e reiterou a necesidade de enchelas de contido. Denunciou que nos anteriores mandatos chegaron a convocarse comisións “simplemente para cobrar”, con reunións que apenas tiñan cinco minutos de duración.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.