Sábado, 07 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 21 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

O PP lamenta que ante a redución dunha dedicación a oposición critica a actualización do IPC da alcaldesa

Os populares de Mos consideran lamentable que este sexa o único problema para eles

Tras a celebración esta mañá da sesión organizativa do Pleno do Concello de Mos, dende o Partido Popular de Mos considérase lamentable que, tras reducir unha dedicación exclusiva, o único problema da oposición sexa agora a subida do IPC no soldo da alcaldesa.


Dita suba, correspondente ao IPC, e que se aplica anualmente de xeito automático a todos os asalariados de España, supón un incremento de 8 euros mensuais a maiores do que a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, cobraba na pasada lexislatura.


Os populares de Mos fan un apunte especial á socialista Victoria Alonso, lembrándolle que a alcaldesa cobra 2.500 euros mensuais, mentres que os deputados da pasada lexislatura da Deputación Provincial de Pontevedra presidida por Carmela Silva, cobraban 3.076 euros por dedicación parcial e 4.272 euros por dedicación exclusiva ó mes; tendo moita menos responsabilidade e carga de traballo que un alcalde ou alcaldesa. E concluíron declarando que “esperaremos ao mes que ven cando se saiba canto vai cobrar Alonso como deputada provincial para facer a comparativa”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.