MOS
Mos asina un convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte para mellorar o piso do Pavillón Óscar Pereiro
Esta optimización da instalación deportiva é fundamental para a práctica do patinaxe artístico, un dos deportes máis exitosos e practicados pola infancia e mocidade mosenses
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a nova concelleira de Deportes mosense, Begoña Toucedo, visitaron esta semana o Pavillón Óscar Pereiro e anunciaron a mellora do firme da pista de xogo.
O Concello de Mos vai asinar un convenio de colaboración coa Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia polo que a administración autonómica asumirá o arranxo do parqué concedéndolle á administración local unha subvención de 20.000 euros. Esta mellora era moi necesaria sobre todo para a práctica dun dos deportes máis prolíficos do municipio, o patinaxe artístico.
As de partinaxe son unhas das escolas deportivas con máis integrantes do Concello de Mos. En total sobre uns 160 nenos/as e mozos/as practican este deporte formando parte dun dos tres clubes mosenses: Escolas de Patinaxe de Mos (que conta cuns 100 patinadores/as), Club Rosaleira (que conta con sobre 30 patinadores/as) e Xiramos (que conta con outros 30 integrantes).
Todos estes xoves patinadores realizan os seus adestramentos no Pavillón Óscar Pereiro e no Pavillón Soledad Castro, polo que a optimización do firme do primeiro era unha importante demanda que por fin se fai realidade.
Os traballos que se realizarán con cargo ao convenio coa Secretaría Xeral para o Deporte serán de fixación das tablas do parqué, pulido e barnizado das mesmas, así como posterior marcado e pintado das diferentes liñas que delimitan os terreos de xogo para os distintos deportes que alí se practican.
Arévalo, rexedora local mosense, declarou a este respecto que “somos concientes de que a necesidade desta reparación apremia, polo que tentaremos que os traballos comecen canto antes e se desenvolvan no menor prazo posible, xa que durante os mesmos a pista terá que permanecer pechada ao público”.
Por esta pista do Pavillón Óscar Pereiro pasan 1.500 persoas á semana. Trátanse de usuarios pertencentes aos clubes de patinaxe municipais, nenos/as das Escolas Deportivas de Baloncesto (actividade extraescolar), adultos e cativos que practican o fútbol sala, maiores participantes na actividade de ximnasia de mantemento do programa municipal ‘Exercítate’, mozos do IES de Mos que acuden a realizar algunhas das súas horas lectivas de clases de Educación Física, etc.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186