Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 25 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta aproba o proxecto para a construción dunha senda peonil e ciclista en Parderrubias

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará a contratación das obras a finais de verán e o levantamento de actas previas será no terceiro trimestre de 2019

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de resolver a aprobación o expediente de información pública e definitiva do proxecto de construción dunha senda peonil e ciclista na estrada autonómica PO-411, á altura de Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas.
Esta actuación conta cun orzamento autonómico duns 900.000 euros, no que se inclúe o pagamento aos titulares das 94 fincas necesarias para executar esta actuación.


No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información:  http://xurl.es/asnu6


A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten previsto a licitación do contrato das obras a finais de verán e o levantamento de actas previas está previsto no terceiro trimestre de 2019.


Trátase da execución dunha senda compartida peón– bici de algo máis de 2 quilómetros de lonxitude na estrada de titularidade autonómica PO-411, cun trazado que coincide en planta e alzado coa vía actual e cun ancho que oscilará entre os 1,80 metros e  os 2,30.

 

Esta actuación no núcleo de Parderrubias se desenvolve en tres treitos, un na marxe dereita do vial de acceso ao IES Pedras Rubias, outro na marxe esquerda da estrada PO-411, entre os puntos quilométricos 4+260 e 5+985, e o terceiro tamén pola marxe dereita da vía autonómica, entre os puntos  quilométricos 5+970 e 6+250.

 

Ademais proxéctase un paso de peóns elevado no puntos quilométrico 3+715, a ampliación do paso sobre o regato de Landres, a mellora das interseccións e accesos ás vivendas. Nas obras se prevé o traslado da marquesiña existente no punto quilométrico 5+910, así como a reposición dunha serie de treitos da rede de saneamento.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.