VIGO
López-Chaves salienta o bo avance da obra de rehabilitación de Cruz Verde 12 no Casco Vello
O presidente do CCVV e delegado territorial da Xunta, Ignacio López-Chaves, acentúa que esta nova construción adáptase a demanda de vivendas máis amplas
O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegado territorial, Ignacio López-Chaves, achegouse esta semana ata unha das últimas promocións que o ente rehabilitador ten en marcha no barrio histórico, salientando o bo avance dos traballos que se están a acometer en Cruz Verde 12.
Segundo informou, unha vez finalizada a obra poranse no mercado dúas novas vivendas de promoción pública de tres habitacións e un local comercial nesta popular rúa do barrio histórico vigués, dando resposta á demanda de vivendas más amplas, “nun efecto chamado -dixo- á incorporación de familias con nenos na zona”. En canto a orzamento, recordou que o CCVV conta con 344.141,76 euros para a súa rehabilitación, que ten un prazo de execución de doce meses.
A edificación sobre a que se está a levar a cabo esta nova intervención do organismo rehabilitador estaba formada por planta baixa e tres pisos e sitúase sobre unha parcela de aproximadamente 85 metros cadrados. Tras a súa compra en xuño de 2016 o CCVV tivo que proceder ao seu baleirado interior dado o seu mal estado de conservación, polo que o proxecto agora aprobado consiste na súa rehabilitación integral para adecualo ás condicións de salubridade, hixiene, illamento e seguridade mínimas necesarias. En consecuencia, procederase á modificación da súa volumetría orixinal a fin de adecuala á normativa actual. As principais modificacións serán o cambio de configuración da cuberta, que pasa a ser a dúas augas; e a diminución do fondo construído, que se reduce aos doce metros marcados na súa ficha de edificación.
Tras a compra en xuño de 2016, o organismo rehabilitador tivo que proceder ao baleirado interior do edificio dado o seu mal estado de conservación
Modificación da estrutura
A distribución final agora recollida no proxecto contempla a localización na planta baixa dun local comercial e a zona de acceso común ás vivendas. Na planta primeira e a parte dianteira da segunda planta créase unha vivenda unifamiliar de tres estancias, en tanto que a parte posterior da segunda planta e a totalidade da terceira acollerán outra vivenda unifamiliar, tamén de tres estancias. A rehabilitación afecta tamén á estrutura do edificio e implica basicamente a nova cimentación dos piares metálicos e do foso do ascensor; a modificación da soleira para o seu correcto illamento e a canalización das instalacións necesarias; unha nova estrutura en todos os pisos a base de forxados de chapa sobre vigas metálicas apoiadas nas actuais medianeiras ou en novos alicerces metálicos; e a renovación da cuberta de tella de acordo coa volumetría fixada na súa ficha do PEPRI e fachada traseira, con ocos necesarios para a ventilación e iluminación das habitacións. En canto a rehabilitación da fachada a Cruz Verde, contemplase a restauración dos elementos de forxa, a apertura do oco tapiado no seu día e a reposición da galería do terceiro piso e das carpintería de madeira.
Coa aprobación este mes do proxecto de rehabilitación de Elduayen 31, son catro as promocións que o CCVV, organismo participado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo, ten en distintas fases de execución na actualidade. Trátase, ademais da citada, das edificacións de Cruz Verde 12, Abeleira Menéndez 16 e Berbés 41.
Asemade, nestes intres atópase en fase de adxudicación unha vivenda en San Sebastián 24, para a que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) abriu recentemente o proceso de presentación de solicitudes.
No conxunto do barrio, o Consorcio Casco Vello de Vigo leva adquiridos 78 inmobles, dos que 60 xa foron rehabilitados e catro están en execución. Rehabilitáronse 106 vivendas, das que 92 foron vendidas e 10 están ocupadas en réxime de alugueiro. Tamén se rehabilitaron 32 locais comerciais, dos que se venderon 6 e 12 están ocupados en réxime de alugueiro, estando os 14 restantes en fase de concurso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.151