Martes, 24 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 23 de Marzo de 2026 a las 22:25:36 horas

Xornal21.es
Jueves, 27 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Ángel Amaro Quintás falará de xénero na II Festa Agro LGTBI+ de Tomiño

Ao longo da xornada haberá obradoiros, animación infantil, concertos, DJ, circo e outras sorpresas

Ángel Amaro Quintás, licenciado en Socioloxía, coeducador e dinamizador comunitario, porá a nota intelectual na II Festa Agro LGTBI+ de Tomiño. O vindeiro sábado, 29 de xuño ás 12.30 horas, o espazo de conferencias so Mercado Municipal (primeiro andar) acollerá a charla "Entre a invisibilidade e o paternalismo: a emerxencia do armario de cristal", do mozo investigador ourensán.


Ángel Amaro Quintas, natural de O Pereiro de Aguiar, ten 27 anos e é tamén tallerista e formador de formadores. Cun máster en investigación educativa, fai estudos de doutoramento en Estudos de Xénero, políticas para fomentar o retorno, democratizar o sistema de coidados e garantir a equidade de xénero en todos os eidos do seu activismo social.


Desde o 2005 vén formando parte de diversas entidades sociais, educativas e culturais. Motivado pola educación de persoas adultas, a creación de material didáctico, a dinamización de talleres e o traballo en equipos interdisciplinarios. Apaixonado pola coeducación, a dignificación dun rural vivo e a educación afectivo-sexual.


A segunda Festa Agro LGTBI, organizada polo voluntariado da oficina de Información Xuvenil (OMIX), xorde da necesidade de visibilizar ao colectivo LGTBI+ no ámbito rural, e tamén coma unha vía de reivindicación do campo, como un lugar de oportunidades”.

 

A celebración continuará cunha xornada completa de actos conmemorativos, até as 21.30 horas, que se pechará coa lectura do manifesto a cargo de Andrés Benítez Oliveira, produtor audiovisual e recoñecido membro do colectivo LGTBI do municipio tomiñés.


A festa comezará cunha sesión vermú artesá e o espectáculo circense Victoria, e ás 12.30h terá lugar o primeiro obradoiro infantil “Trans*formando Realidades, a cargo de Sara Uris. Ao longo do día haberá obradoiros, espectáculos circenses e de transformismo; concertos, DJ, charlas, etc.

 

Ás 13.30h, purpurina e brillantina biodegradables para todas as persoas participantes e un photocall para fotografarse. Ás 14.30h, comida Pícnic Comunitario (para o que haberá que traer a comida) que durará até pouco antes das 16.00h, cando se realizará o 2º obradoiro infantil.

 

A continuación, espectáculo de transformismo “Escribiuse un crime”, con “Marinita y sus maromas”, compañía de teatro DRAG.

 

Ás seis da tarde, concerto de “Las Marikarmen”, cabaret musical queer-pop, con músicos de distintas nacionalidades.

 

Ás 19.30h, actuación de Russinha (DJ set) e coma peche da xornada, lectura do manifesto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.