GALICIA
Fabiola García destaca o traballo de cáritas na construción dunha Galicia cada día máis solidaria
A mostra dá máis visibilidade ao esforzo que realizan as cinco delegacións que ten esta entidade na nosa comunidade
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o traballo diario que realiza Cáritas na construción dunha Galicia cada día máis solidaria. Fíxoo na inauguración dunha mostra sobre as actividades desta entidade que durante o vindeiro mes se poderá contemplar no espazo da pirámide do edificio administrativo de San Caetano, dentro do ciclo de exposicións Olladas Inclusivas, que contou coa asistencia do arcebispo de Santiago, Monseñor Julián Barrio.
Fabiola García fixo fincapé na importancia desta exposición para dar máis visibilidade ao traballo que realizan día a día as cinco delegacións que ten Cáritas en Galicia. Neste sentido, gabou esta entidade por ser exemplo de loita polos dereitos de todas e todos, de constancia para construír unha sociedade mellor e de solidariedade.
A conselleira de Política Social inaugurou en San Caetano unha exposición sobre as actividades de Cáritas dentro do ciclo Olladas Inclusivas
Ademais, a conselleira garantiu o apoio da Xunta a programas que pon en marcha esta asociación e que facilitan a integración social e laboral das persoas migrantes, a ruptura de barreiras laborais ás que aínda se enfrontan as mulleres, a conciliación da vida persoal e laboral e a cobertura de necesidade sanitarias, residenciais e alimentarias daqueles que se atopan nunha situación de desprotección.
A exposición de Cáritas é a quinta do ciclo Olladas Inclusivas. Antes dela, estivo ilustrado nesta mostra o traballo da Rede Galega contra a Pobreza, da Fundación Secretariado Xitano, de Cruz Vermella e da asociación Terra e xente no rural. Por este ciclo de exposicións rotatorias pasarán outras tres entidades sociais que amosarán as súas accións e programas no eido da inclusión social

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.111