Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 23:16:17 horas

Xornal21.es
Jueves, 27 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

A Xunta adxudica os traballos de revisión e adaptación do proxecto de saneamento integral de Ribadetea

Augas de Galicia impulsa este contrato no marco do comprometido co Concello e os veciños de adaptación da programación deste proxecto de saneamento, cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros, e supeditado á ampliación da EDAR

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar os traballos para a adaptación da programación de actuacións de saneamento en Ribadetea ao plan director de saneamento municipal e ás obras proxectadas e executadas nesa parroquia do Concello de Ponteareas.


Estes traballos foron adxudicados á empresa Serye Ingenieros, S.L. e dispoñen dun orzamento de máis de 14.000 euros.


O organismo hidráulico da Xunta impulsa este contrato no marco do comprometido co concello e os veciños deste municipio de revisión e actualización do proxecto de saneamento na parroquia de Ribadetea, cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros, que está supeditado a ampliación da EDAR.


Antecedentes
Neste ámbito de cooperación, o concello ten solicitado a Augas de Galicia a redacción e execución da actuación de saneamento na parroquia de Ribadetea, cun orzamento de máis de 3,5 millóns de euros. Este proxecto foi redactado por Augas de Galicia pero a súa execución quedou postergada pola negativa da Confederación Hidrográfica a autorizar as obras sen executar antes a ampliación da EDAR que carecía de capacidade suficiente para aceptar novas conexións.

 

 

 

 

Este proxecto foi redactado por Augas de Galicia pero a súa execución quedou postergada pola negativa da Confederación Hidrográfica a autorizar as obras sen executar antes a ampliación da estación depuradora, de competencia estatal

 

 

 


Con este contrato se da resposta á solicitude realizada polo Concello e os veciños de Ribadetea de revisar e actualizar o citado proxecto para adaptalo á realidade actual da parroquia e ao novo Plan Director Municipal. Actuación que, en todo caso, estará supeditada á execución da 1ª fase da ampliación e mellora da Estación depuradora de augas residuais de Ponteareas, de competencia estatal.

 

Cómpre lembrar que Augas de Galicia, ademais desta actuación cuxa realización está supeditada á execución da obra da EDAR, leva investido nestes últimos anos preto de 5,1 millóns de euros en infraestruturas hidráulicas. Entre as obras realizadas pola Xunta, e xa rematadas, destacan a ETAP de Ponteareas, as distintas fases de saneamento nas parroquias de Areas, Arnoso e Xinzo, os colectores de pluviais no barrio das Covas ou a senda fluvial pola marxe dereita do río Tea, nos concellos de Mondariz e Ponteareas.

 

Deste xeito, Augas de Galicia, dentro das súas competencias en apoio das entidades locais, segue avanzando na súa colaboración do concello pontevedrés para o desenvolvemento mais eficaz das atribucións dos propios municipios en materia de subministro de auga,  sumidoiros, e tratamento de augas residuais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.