Viernes, 06 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 25 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

MS e PSdeG-PSOE asinan o acordo para o Goberno do Concello de Salceda

Establécese o compromiso de iniciar de inmediato os trámites para someterse á Mediación laboral

Tal como xa se adiantou tras o pleno de investidura a Alcadía será rotatoria iniciando o mandato Loli Castiñeira por Movemento Salceda, e continuando Verónica Tourón polo PSdeG dentro de 2 anos.


As dúas formacións estableceron tamén a distribución de áreas e responsabilidades que quedará do seguinte xeito:

 

GRUPO

        AREAS

RESPONSABLE

MS

Persoal, Igualdade e Coordinación de proxectos

Loli Castiñeira

 

MS

Cultura, festexos, normalización lingüística, asociacionismo, novas tecnoloxías, mocidade e patrimonio

Alex Rodriguez

 

MS

Vías e Obras, Parques e Xardíns e Servizos Municipais e Mobilidade

Miguel González

 

MS

Facenda, Réxime Interior, Seguridade e Tráfico e Turismo

Lucía Pereira

 

PSOE

Urbanismo, comercio e industria, participación cidadá, emprego e formación

Verónica Tourón

 

PSOE

Ensino, Infancia, benestar social, sanidade e voluntariado

Ángela Ledo

 

PSOE

Deportes, medio ambiente e medio rural

Rubén González

 

Ademáis o acordo recolle as liñas estratéxicas fundamentais para o Goberno de coalición:


Por un lado establécese o compromiso de iniciar de inmediato os trámites para someterse á Mediación laboral, tal como xa se comprometera o equipo de goberno de Movemento Salceda ao igual que o PSdeG ante os representantes sindicais antes das eleccións. MS e PSdeG acordaron tamén sacar adiante en paralelo a RPT e o Convenio Colectivo.


Por outra banda o equipo de Goberno iniciará os traballos para aprobar os orzamentos de 2019 canto antes. Asi mesmo o pacto de goberno recolle a elaboración de Orzamentos participativos a partires do ano 2020.


MS e PSOE asinaron este acordo, no que se reflexan moitos puntos entre os que se atopan as medidas anteriores e outras que se irán pondo en marcha ao longo da lexislatura, co obxetivo fundamental "de crear un goberno forte, compacto, leal e que traballe en equipo, nunha situación de maioría que lles permita seguir co proceso de cambio e transformación de salceda iniciado no ano 2007".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.