Martes, 21 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 20:52:45 horas

Xornal21.es
Miércoles, 26 de Junio de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

As alfombras florais de Corpus manteñen a Ponteareas no top ten das festas máis afamadas

O goberno de Ponteareas fai un balance positivo dos visitantes

Á espera de cifras oficias,  o  goberno de Ponteareas quere agradecer a todos os que fixeron posible esta nova edición das festas do Corpus. “Alfombristas, hostaleiros, traballadores municipais, comerciantes, delegacións internacionais, medios de comunicación e veciñanza en xeral conseguiron que este ano se mantiveran as cifras do ano pasado en canto a afluencia de público”, adianta o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas Giráldez, unha vez consultados os rexistros das oficinas de turismo instaladas en distintos puntos do concello e tras as conversas mantidas con hostaleiros e comerciantes da vila.


Os hostaleiros da vial trasladan ao concello un balance moi positivo destacando que esta festividade chega a supor unha facturación equivalente a tres meses de traballo.


A chuvia non puido apagar o brillo das nosas alfombras florais que unha vez posicionaron as festas do Corpus de Ponteareas no top ten das festas máis destacadas de Galicia.


Visitantes de toda Galicia, de Portugal e do resto do estado español ateigaron as rúas de Ponteareas e distintos medios de comunicación cubriron as distintas actividades para informativos e magacines de alcance estatal.
Os e as nosas alfombristas deixaron o seu testumuño nas diferentes entrevistas e reportaxes de prensa, radio e televisión levando o nome de Ponteareas ás canles de caracter estatal e mesmo nas súas emisións internacionais.


Catro cámaras webs permitiron que dende calquera punto do mundo se puidera desfrutar dalgúns dos nosos tramos alfombrados que se amosaron vía dixital dende a web do concello.


Ao igual que o ano pasado, destácase a grande afluencia de público de Portugal que acudiron de xeito individual e tamén organizados en autobuses.


Ademais, visitantes de toda a área metropolitana achegáronse a divertirse co paso das carrozas etnográficas dos veciños e veciñas e da animación de rúa que acompañou non só ás carrozas se non aos e as alfombristas durante esta última semana.


A concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba destaca a participación por décimo ano consecutivo dos alfombristas de Monçao e a visita da delegación de alfombristas mexicano de La Octava Noche que confeccionaron na Praza Maior unha alfombra de 14 por 7 metros e que quixeron arroupar coa súa presenza cada acto organizado polo concello.


Pola súa parte, Cristina Fernández, responsable dos eventos municipais quere agradecer a implicación de todo o persoal, de voluntarios, alfombristas e delegacións internacionais facendo posible que esta última edición mantivera o listón nas cotas máis altas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.