GALICIA
A Xunta defende a eficacia de medidas como a reforma da Risga fronte á pobreza
O Goberno galego vincula esta axuda a un apoio técnico máis intenso para a inserción laboral e garante mellor o acceso e mantemento da vivenda
O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, salientou a semana pasada o compromiso da Xunta fronte a situacións de vulnerabilidade, con medidas como a mellora da Risga, os itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral, os programas de intervención familiar e de apoio educativo, a Axenda Social Única ou o primeiro Plan de atención a persoas sen fogar en Galicia. Así o sinalou na mesa de diálogo organizada por EAPN España no marco do XIII Encontro de Participación: Loita contra a Pobreza, a Exclusión Social e a Desigualdade no marco dos ODS.
Entre as iniciativas para previr e combater a pobreza e a exclusión, Arturo Parrado referiuse á recente reforma da Risga, que eleva a súa contía media ata os 550 euros e, sobre todo, que vincula esta axuda a un apoio e acompañamento técnico máis intenso dirixido á inserción laboral. Outra destacada mellora introducida é que se garante mellor o acceso ou mantemento de vivenda, ao incrementar o complemento de aluguer e facelo compatible con outras axudas, como o bono de alugueiro social; e ao permitir que dúas persoas que perciban esta renda compartan piso.
O director xeral tamén subliñou a importancia da colaboración entre administracións e coas entidades sociais para mellorar a protección das persoas en risco de exclusión, que en Galicia se plasma na Axenda Social Única. Os grupos de traballo constituídos ao abeiro desta Axenda abordan conxuntamente cuestións como a exclusión residencial, a pobreza económica e enerxética, a pobreza infantil e a atención familiar ou o emprego e a promoción económica inclusivos, entre outras.
A Administración autonómica avoga por continuar coa liña de coordinación co resto de administracións e coas entidades sociais no deseño e desenvolvemento de programas de interese social
No eido da coordinación tamén fixo fincapé no progresivo desenvolvemento da Historia Social Única Electrónica, que permite á Xunta e ás administracións locais compartir información para favorecer o traballo en rede dos servizos sociais nos seus diferentes niveis, o que redunda de maneira positiva na atención ás persoas.
Implicación das entidades
Por último, Arturo Parrado valorou o papel das entidades do terceiro sector no deseño, seguimento, desenvolvemento e avaliación dos programas de interese social, xa que aportan información de primeira man sobre a realidade e teñen unha ampla experiencia. Sinalou como mostra máis recente desta participación o primeiro Plan de atención ás persoas sen fogar en Galicia, que entre as súas máis de cen medidas inclúe diferentes achegas das entidades. O Plan procura reducir o senfogarismo a través da prevención e a intervención orientada a facilitar o acceso á vivenda das persoas que estean en situación de rúa ou carezan dela.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102