GALICIA
A Cidade da Cultura acolle esta fin de semana a bandas de música da Provincia de Pontevedra
O ‘Serán’02. II Encontro Galego de Cultura Popular’ desenvólvese no Gaiás do 28 ao 30 de xuño promovido pola Xunta de Galicia, dirixido por Quique Peón e coa colaboración da FGBMP e Gadis
Máis de medio milleiro de intérpretes de bandas de música de toda Galicia daranse cita do 28 ao 30 de xuño no Gaiás para participar no Serán’02: II Encontro Galego de Cultura Popular. O evento, promovido pola Xunta para impulsar e pór de relevo a cultura galega de base, volve á Cidade da Cultura de Galicia tras o éxito da súa primeira entrega, que dedicada ao baile e á música tradicional congregou máis de 7.000 asistentes.
Ao longo dos tres días, o Serán’02 despregará un intenso programa enteiramente de balde con concertos de bandas de música das catro provincias galegas, así como diversas formacións infantís e xuvenís. Entre as bandas que protagonizarán este evento multitudinario atópanse ata sete formacións da provincia de Pontevedra. Por unha banda, a Banda de Lalín e a Unión Musical de Valladares (Vigo) tocarán no Baile das Irmandades da Fala, un dos espectáculos centrais do encontro na noite do sábado no que tamén actuará a charanga tradicional da Orquestra O Fiadeiro.
Tamén a Banda de Música de Salceda de Caselas interpretará xa na xornada do domingo un dos espectáculos centrais do encontro, que foi elixido no concurso Innova-Agadic de proxectos que exploran novos escenarios musicais e culturais. Trátase de Saliceta, un concerto no que banda interpretará unha suite tradicional galega incorporando música coral e tradicional que servirá como peche destes tres días de música no Gaiás.
O evento reunirá máis de 500 intérpretes de bandas de música de toda Galicia nun programa familiar que tamén inclúe obradoiros de baile, feira ou talleres infantís
O evento conta tamén con numerosos concertos de bandas infantís ao longo dos tres días, nos que participarán, entre outras, Banda da Escola de Música da Agrupación do Rosal, a Banda Artística de Merza, a banda da Unión Musical de Meaño ou a Banda de Música de Salcedo. O encontro conta co apoio da Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e Gadis.
Baile das Irmandades da Fala
Un dos pratos fortes do Serán’02 será o Baile Irmandades da Fala, que transformará a praza central do Gaiás nunha verbena ao estilo de comezos do século XX convidando aos asistentes a achegarse caracterizados da época para danzar ao son das bandas de música de Lalín, Santa Cruz de Ribadulla, Unión Musical de Valladares e A Lira de Ribadavia, e das charangas tradicionais de Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos. Ao longo da noite repartiranse premios ao mellor vestiario e á parella de baile que demostre unha maior destreza e habilidade nesta noite festeira.
A danza estará moi presente en toda a xornada do sábado do Serán’02, xa que ao longo de todo o día estaranse a impartir obradoiros de baile agarrado, de balde e destinados a todo tipo de público. Nestes cursos intensivos, os asistentes van poder aprender a técnica básica da polca, o valse, a mazurca, o pasodobre ou o chotis con grandes profesionais da danza como Suso Cancelas ou Xisco Feijoo. O Baile Irmandades da Fala será a oportunidade perfecta para, apenas unhas horas despois, pór en práctica todo o aprendido.
Principais concertos
No Serán’02 tamén poderemos gozar na noite do venres dun man a man entre as dúas únicas bandas municipais profesionais de Galicia –A Coruña e Santiago de Compostela; dun concerto da Unidade de Música do Tercio Norte de Infantería de Marina de Ferrol na mañá do sábado, ou da Banda de Música Sons e Soños (Outeiro-Rábade-Begonte) xa na xornada do domingo.
Na noite do sábado 29, sete bandas e charangas tradicionais porán a todo o mundo a bailar nunha verbena ambientada a principios do século XX á que o público está convidado a asistir caracterizado da época
Programa para todo tipo de público
Cabe lembrar que no Serán’02 participarán algunhas das mellores bandas de Galicia, como o acreditan os recoñecementos recibidos en certames nacionais e internacionais. É o caso precisamente da Banda de Lalín, premiada en 2013 e 2009 no WMC de Kerkrade (Holanda) –certame considerado un auténtico mundial das bandas de música e que reúne cada catro anos unha selección de 200 bandas de todo o mundo–; ou de A Lira de Ribadavia, premiada en 2018 no Certame Internacional de Bandas de Música Ciudad de Valencia.
Este II Encontro Galego de Cultura Popular nace con vocación de dirixirse a todo tipo de público, sexa ou non parte do sector. Así, o encontro ofrece tanto contidos de tipo profesional como clases maxistrais con músicos de recoñecido prestixio, conferencias ou mesas redondas, como un plan familiar de fin de semana. Ademais de gozar dos concertos e espectáculos programados, o público asistente poderá visitar o recinto feiral do encontro ou participar en obradoiros de fabricación de instrumentos con materiais de refugallo dirixidos á cativada. O evento desenvolverase en distintos espazos do complexo como o auditorio ao aire libre do Xardín do Teatro ou o Museo Centro Gaiás. En www.cidadedacultura.gal pode consultarse polo miúdo o programa, enteiramente de acceso libre e de balde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102